Skip to Content

4º Curso

A árbore dos ODSeos

O curso de 4º de Educación Primaria iniciamos as actividades e situacións de aprendizaxe navideñas.

Nesta nova, presentámosvos "A árbore dos ODSeos". Aproveitando que o PDI do Centro son os ODS da axenda 2030, creamos unha árbore navideña xigante na que o alumnado colgara os seus desexos relacionados cos ODS, formando deste xeito os ODSeos.

Mountains Matter!

 

O ano 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como ano internacional para o desenvolvemento sostible das montañas, invítándonos a todos/as a colaborar no coidado e mantemento do ecosistema montañoso.

Os nenos/as de 4º E.P. desenvolven un proxecto que abrangue os 1º e 2º trimestres do curso.

Neste 1o trimestre damos os pasos para coñecer as montañas. Elaboramos un mural e coñecemos algúns dos animais que as habitan, a importancia da auga que nos abastece dende o máis alto das montañas. E como non, a Biblioteca Escolar do centro, facilitounos lecturas informativas e tamén lúdicas sobre as montañas. A actividade e as lecturas esenvólvense nas tres linguas do centro, galego, castelán e inglés.

Botamos man de actividades propostas pola FAO, pola organización CONSERVATION INTERNATIONAL, coa actividade adicada ás montañas, e sobre todo da nosa imaxinación, esforzo e bo facer.

E como o día internacional das montañas se celebra cada ano o 11 de decembro, non atopamos mellor data para por en valor as nosas MONTAÑAS.

Porque, MOUNTAINS MATTER!

Proba de Campo a Través

O xoves 15 de decembro participamos, un ano máis, na proba previa de Campo a través que tivo lugar nas instalacións de Monterrei e que foron organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte de Ourense contando coa colaboración do alumnado e profesorado do Tafad de Ourense.

A xornada ameazou con choiva, pero a verdade é que tivemos un tempo espectacular para o desenvolvemento das probas, xa que a humidade ambiental permitiu que a temperatura fora idónea para o desenvolvemento das diferentes carreiras.

Despois de dous cursos sen celebrarse esta proba, eran moitas as ganas que as nosas corredoras e corredores tiñan de demostrar o seu nivel de forma física, e así o fixeron, acadando unha satisfacción moi especial cos resultados obtidos.

Xa estamos esperando a celebración da proba da final comarcal que se celebrará en xaneiro e na que voltaremos a estar presentes.


RESULTADOS


 

Xogando ao atletismo

O 24 de novembro, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participou nas xornadas de Xogando ao Atletismo xunto cos centros de : A Ponte, Curros Enríquez, Divino Maestro, Guillelme Brown, Inmaculada, Luis Vives, O Couto, San Pío X, Santo Ángel, Seixalbo, Virxe de Covadonga e Vistahermosa.

Ao longo da mañán, realizamos diversas actividades como a carreira de 10x10 metros; lanzamento de brotex; salto cos pes xuntos dende parado; lanzamento de balón medicinal cara atrás por enriba da cabeza e salto lateral dun obstáculo baixo.

Para rematar, realizamos carreiras de relevos con e sen obstáculos.

A actividade estivo xenial!!!! xa estamos desexando que nos volvan a invitar. 


RESULTADOS DAS PROBAS


Volcán Explosivo

Experimento realizado polo alumnado de 4º de EP primaria na semana da ciencia.

 

Semana da prevención de incendios

O 18 de outubro o alumnado de 1º, 2º 3º e 4º de Ed. Primaria participou nas actividades que organizou o Concello na Semana de prevención de incendios.

Esta iniciativa tiña como obxectivo acercar o alumnado aos servicios de emerxencia dos que dispón o Concello co afán de inculcar unha conducta preventiva no comportamento diante de calquera  posible situación de emerxencia en xeral e, moi especialmente, no caso dos incendios no ámbito urbano.

ONCE SUEIRIÑ@S EN MADRID

 

Despois do esforzo e traballo o curso pasado no proxecto “DE BASE A BASE Y LEO PORQUE ME TOCA”,  e da ledicia da nova de sabernos gañadores do concurso nacional, chegou o momento de recibir os agasallos.

O venres 7 de outubro recibimos os galardóns que nos correspondían por ser PREMIO NACIONAL na categoría A. O premio consistía en tres ordenadores, unha placa e diploma acreditativo.

Os/as once Sueiriños/as non estiveron en Madrid físicamente, pero en todo momento acompañaron aos seus representantes no pensamento. A través das súas palabras coñeceron aos nosos campións e o seu traballo.

Foi unha xornada emocionante e inesquecible, compartindo emocións cos outros compañeiros/as de Ceuta, Sevilla, Santa Cruz de Tenerife, Santa Cruz de La Palma e Badajoz gañadores noutras categorías.

Non podemos estar máis agradecidos  aos nosos anfitrións, que nos acompañaron ese día no Instituto de Historia y Cultura Militar. Fixéronnos sentir o respecto polo traballo desenvolvido polos nosos alumnos/as, o agarimo no trato e a súa disposición a axudarnos no que precisemos.

 E a volta ao noso cole foi aínda máis emocionante, porque foi o momento de compartir cos verdadeiros protagonistas a experiencia vivida. Faltaba de xeito presencial un, que este curso xa non está no grupo, pero non queremos nen podemos esquecernos del, porque un cachiño do premio é seu. E tamén animamos aos tres novos/as do grupo a que se incorporen á nosa dinámica de traballo por proxectos que tantas alegrías nos leva dando nestes últimos dous cursos.

NORABOA AOS NOSOS/AS CAMPIÓNS!


LIGAZÓNS Á NOVA


 

Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria

O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre.

Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma.

Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Distribuir contido


by Dr. Radut