Skip to Content

4º Curso

Xogando ao atletismo

O 24 de novembro, o alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro participou nas xornadas de Xogando ao Atletismo xunto cos centros de : A Ponte, Curros Enríquez, Divino Maestro, Guillelme Brown, Inmaculada, Luis Vives, O Couto, San Pío X, Santo Ángel, Seixalbo, Virxe de Covadonga e Vistahermosa.

Ao longo da mañán, realizamos diversas actividades como a carreira de 10x10 metros; lanzamento de brotex; salto cos pes xuntos dende parado; lanzamento de balón medicinal cara atrás por enriba da cabeza e salto lateral dun obstáculo baixo.

Para rematar, realizamos carreiras de relevos con e sen obstáculos.

A actividade estivo xenial!!!! xa estamos desexando que nos volvan a invitar. 


RESULTADOS DAS PROBAS


Volcán Explosivo

Experimento realizado polo alumnado de 4º de EP primaria na semana da ciencia.

 

Semana da prevención de incendios

O 18 de outubro o alumnado de 1º, 2º 3º e 4º de Ed. Primaria participou nas actividades que organizou o Concello na Semana de prevención de incendios.

Esta iniciativa tiña como obxectivo acercar o alumnado aos servicios de emerxencia dos que dispón o Concello co afán de inculcar unha conducta preventiva no comportamento diante de calquera  posible situación de emerxencia en xeral e, moi especialmente, no caso dos incendios no ámbito urbano.

ONCE SUEIRIÑ@S EN MADRID

 

Despois do esforzo e traballo o curso pasado no proxecto “DE BASE A BASE Y LEO PORQUE ME TOCA”,  e da ledicia da nova de sabernos gañadores do concurso nacional, chegou o momento de recibir os agasallos.

O venres 7 de outubro recibimos os galardóns que nos correspondían por ser PREMIO NACIONAL na categoría A. O premio consistía en tres ordenadores, unha placa e diploma acreditativo.

Os/as once Sueiriños/as non estiveron en Madrid físicamente, pero en todo momento acompañaron aos seus representantes no pensamento. A través das súas palabras coñeceron aos nosos campións e o seu traballo.

Foi unha xornada emocionante e inesquecible, compartindo emocións cos outros compañeiros/as de Ceuta, Sevilla, Santa Cruz de Tenerife, Santa Cruz de La Palma e Badajoz gañadores noutras categorías.

Non podemos estar máis agradecidos  aos nosos anfitrións, que nos acompañaron ese día no Instituto de Historia y Cultura Militar. Fixéronnos sentir o respecto polo traballo desenvolvido polos nosos alumnos/as, o agarimo no trato e a súa disposición a axudarnos no que precisemos.

 E a volta ao noso cole foi aínda máis emocionante, porque foi o momento de compartir cos verdadeiros protagonistas a experiencia vivida. Faltaba de xeito presencial un, que este curso xa non está no grupo, pero non queremos nen podemos esquecernos del, porque un cachiño do premio é seu. E tamén animamos aos tres novos/as do grupo a que se incorporen á nosa dinámica de traballo por proxectos que tantas alegrías nos leva dando nestes últimos dous cursos.

NORABOA AOS NOSOS/AS CAMPIÓNS!


LIGAZÓNS Á NOVA


 

Presentación do libro elaborado no club de lectura de 4º de Ed. primaria

O alumnado do Club de lectura de 4º curso elaborou un libro titulado "Xa non son malo" sobre o traballado no club de lectura ao longo do segundo trimesttre.

Dito libro foi presentado na biblioteca na última semana de clase e engadido aos fondos da mesma. Está dispoñible na sección 4 da nosa biblioteca para todas as persoas scias da mesma.

Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Encontros co escritor e editor Xabier Domínguez

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.

Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.

Reinterpretando a obra de artistas ourensáns

 

Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.

Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.

Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Distribuir contido


by Dr. Radut