Skip to Content

Construíndo un horto escolar

No curso 2020/21 o alumnado de 2º de Educación Primaria colaborou co CIFP Portovello para crear e traballar un horto escolar. Á final de curso fumos quen de recoller a nosa primeira colleita de tomates, cenorias, cebolas, leitugas e algúns amorodos.

No curso 2021/22 decidimos seguir colaborando co CIPF Portovello no coidado da horta sita no seu colexio, pero no ano 2023 decidimos construír a nosa propia horta escolar.

Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 bancais para que todo o alumnado do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.

Os pasos que demos foron os seguintes.

  1. Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
  2. Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.  
  3. Marcar o lugar con cordeis.
  4. Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
  5. Colocación do bloque.
  6. Cubrir de terra para o cultivo.

Quedaríamos dúas accións que se realizarán máis adiante.

  • Colocación dun plástico que nos permitirá cultivar en condicións adversas.
  • Colocación dunha billa da que poder obter auga.


    Agora so fai falla que empecemos a cultivar os nosos produtos...



page | by Dr. Radut