Skip to Content

4º Curso

Charla sobre o programa "Pilabot"

O 18 de xaneiro, dentro do programa-concurso PILABOT que organiza a Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, sobre a recollida selectiva de pilas e acumuladores, o alumnado de 3º e 4º participou nun obradoiro sobre que son as pilas, as súas partes, como se reciclan ou como podemos cambiar os nosos hábitos de consumo.

Ao remate da sesión, participamos nun concurso no que gañamos todos/as.

Ata finais de mes estamos en prazo de recoller no colexio pilas e acumuladores para o  concurso que promove esta actividade.

O xardín dos deuses

Presentación do PDI O Xardín dos Deuses

Visita de Leanne Rivera á nosa biblioteca

O 5 de outubro tivemos o privilexio de contar coa presenza da poetisa de orixe cubano Leanne Rivera grazas á colaboración do Círculo poético ourensán.

O alumnado do noso centro rendeulle unha pequena homenaxe cos traballos que realizaron nas súas clases ao longo dos días previos á súa visita:

Despois de sometela a unha pequena encerrona, con preguntas de todo tipo sobre a súa vida e obra, Leanne recitounos o poema que tiña preparado para participar nos IX encontros internacionais de poesía que organizou o Círculo poético ourensán.

Na seguinte galería amosamos os principais momentos do encontro coa poetisa.

Viaxe a Marcelle

O 6 de xuño realizamos a última saída educativo/cultural deste curso. Esta vez, fomos ao parque zoolóxico de Marcelle, situado no concello de Outeiro de Rei na provincia de Lugo.

Coñecemos e aprendemos moitas cousas sobre animais que nunca víramos e que tan ben coidados están no parque.

Durante todo o percorrido ao parque estivemos acompañados por tres fabulosos monitores que nos axudaron a pasar unha xornada inesquecible.

Pasámolo XENIAL!!

Debuxos do alumnado de Ed. Infantil

Hora de ler de 4º de Ed. Primaria

Ao longo deste curso, na aula de 4º de Ed. Primaria, levamos a cabo diversas actividades de animación á lectura no tempo destinado á Hora de ler.

Limos na aula o libro “DELFINES  AMIGOS” e traballamos a comprensión lectora do mesmo axudando aos alumnos/as extraer as ideas principais.

Levamos a cabo “CONCURSOS DE LECTURA”. Limos na aula en voz alta RITA Y LADRONES DE TUMBAS”. Fixemos preguntas de cada capítulo que entraban a concurso dando os puntos correspondentes a cada participante que as contestase correctamente anotándoos nunha lista. O concursante que acadou máis puntos ao final da lectura dos libros conseguiu un agasallo que consistiu nun libro.

Traballamos o poema “A Margarita Debayle” memorizando as súas estrofas para poder recitalo.

Outra das actividades consistiu na lectura do libro “¿Quién usa las papeleras”?.

Ademais, como estamos a participar no proxecto de meteoescolas, do plan Proxecta, tamén limos unha serie de libros relacionados coa meteoroloxía:

  • Las tormentas.
  • Los instrumentos.
  • Los meteoros
  • El niño
  • La luz
  • La atmósfera
  • El agua
  • El viento

A partir do libro da atmosfera, grabamos un video  sobre o aire . Para que serve o aire?

Ademáis tamén traballamos:

Traballamos a poesía de Pura Vázquez e participamos na homenaxe que lle fixeron polo seu centenario na ínsula dos poetas.

A Frauta Máxica

Os nenos de cuarto de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre Wolfgang Amadeus Mozart e unha das súas obras “A frauta Máxica”.

No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida de Wolfgang Amadeus Mozart  e a partires de aí realizamos un mural infográfico para a porta da nosa clase que serviu de información para toda a comunidade educativa.

Coñecer a  cidade onde naceu e situala en Europa : Salzburgo- Austria e Viena cidade onde morreu.

No segundo trimestre investigamos sobre a súa obra “A frauta Máxica” realizando as seguintes actividades:

  • Escoitar e volver a contar a historia da Frauta Máxica.
  • Identificar as personaxes principais desta ópera e relacionámolas con cada tipo de voz.
  • Interpretamos varios fragmentos da opera.
  • No Entroido disfrazámonos das personaxes da Ópera.

 

 

Obradoiro de Viaqua: Aqualoxía

O 23 de maio realizamos a actividade que leva por título “Aqualoxía”. Nesta actividade participaron os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, os cales descubriron como é o ciclo da auga nas cidades. No obradoiro experimentamos a través do xogo con míltiples recursos didácticos, tales como: bombas de vacio, coadores,…

Ao final de dita actividade, fomos agasallados cun diploma e unha mochila pola nosa participación. Xa estamos agardando a que volvan no curso que ven. 

Pasión pola auga!!

Homenaxe a Pura Vázquez

O 22 de maio participamos na homenaxe a escritora ourensán Pura Vázquez que se celebrou na Ínsua dos poetas de Madarnás en Carballiño.

Luís Tosar foi o encargado de presentar ás autoridades alí presentes, entre as que destacaban o Secretario Xeral de Política lingüística, o Presidente da Deputación, o Alcalde do Carballiño, a Xefa Territorial da Consellería de Educación... entre outros.

Da presentación das actividades do alumnado encargáronse dúas alumnas do noso centro.

O acto deu comezo coa presentación das autoridades, na que todos eles fixeron mención á vida e obra da mestra Pura Vázquez.

O noso centro foi o encargado da presentación do acto. Durante as semanas previas á homenaxe, pescudamos información en internet e nos fondos da nosa biblioteca para elaborar un pequeno resumo sobre a súa vida e obra. Dito resumo foi co que explicamos aos presentes no acto a súa vida e obra.

O alumnado participante, dos sete colexios da provincia de Ourense alí presentes, realizaron as seguintes actividades:

  • Lectura dun resumo da vida e obra de Pura Vázquez.
  • Recitaxe de poemas de Pura Vázquez: "O amante" e "El caracol".
  • Poema dedicado por unha alumna a Pura Vázquez.
  • Realización dun poema ao azar con versos da obra de Pura Vázquez.
  • Dramatización do poema "Visitas ao bosco".
  • Interpretación de varios poemas de Pura Vázquez polo grupo musical "A Roda".
  • Foto final diante das esculturas das irmáns Pura Vázquez e Dora Vázquez.

Meteorólogos do Sueiro

O equipo de meteorólogos do Sueiro explícanos a composición do aire, a formación de nubes e o tipo de precipitacións máis abundantes que hai na nosa zona.

Para elo, traballaron cunha metodoloxía "maker" na que eles foron quen de dar solucción ao reto proposto que consistía en crear un programa audiovisual informativo sobre meteoroloxía entre todo o grupo de 4º de Ed. Primaria.

GALERÍA DE IMAXES

 

Distribuir contido


by Dr. Radut