Skip to Content

4º Curso

Formación de usuarios

No curso 2018/2019, a formación de usuarios volveu a estar presente ao longo de todo o curso, sobre todo as actividades referentes ao alumnado. O profesorado titor encargouse de realizar esta tarefa co seu alumnado ao longo do curso con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación.

En educación Infantil visitaron a Biblioteca unha vez por semana. Os mais pequenos custoulle un pouco subir e dirixirse ao recanto en orde e silencio, pero pouco a pouco foise conseguindo.

  • Escollemos contos adaptándoos ás distintas idades pois este curso están na mesma aula  nenos e nenas de cuarto, quinto e sexto de Educación Infantil.B
  • Buscamos o conto no andel correspondente, unha vez sentados, en orde e silencio, cóntaselles o conto ensinando as ilustracións.
  • Observan as ilustracións, buscando as distintas personaxes facendo comentarios e preguntas relacionadas co conto.
  • Imaxinar como é o protagonista do conto, e outras personaxes do conto, e expresalo coas súas palabras, ás veces, os maiores axudan os máis pequenos.
  • Cada día devolve un neno/a o conto ao seu andel correspondente, revisando a profesora se o fai correctamente
  • Outras veces, elixen libremente cada un o seu conto, fan preguntas sobre o que máis lle chama a atención, contando ao final , cada neno e nena, o que mais lle gustou.
  • Ao finalizar, colocan o seu libro no andel correspondente coa axuda e supervisión da titora.

Ao remate das sesións, en orden e silencio, deixan o recantocomo o encontramos , en orden e silencio dirixímonos  á aula.


 

En Educación Primaria, encargouse o profesorado titor da formación de usuarios con indicacións puntuais ou en sesións programadas de formación realizando as seguintes actividades:

  • Dedicaron un tempo a seguir coñecendo  a biblioteca, os usos e normas básicos que nela rexen.
  • Lembramos os distintos espazos da biblioteca.
  • Debuxamos planos da biblioteca en tamaño folio e tamén un en tamaño a2.
  • Fixemos unha exposición coas materias que aparecen nas distintas CDU das bibliotecas escolares.
  • Fíxemos xogos para colocar libros nas distintas CDU.
  • Coñecemos tódalas letras e números que aparecen no tejuelo.
  • Realizamos diferentes exercicios co tejuelo.
  • Traballamos sobre as CDU das biografías a repasamos as sinaturas dos libros.
  • Asimilamos conceptos relacionados co dicionario: entrada, definición, abreviatura.
  • Buscamos nos andeis, polo CDU biografías de personaxes famosos: Gaudí, Miró, Cervantes…
  • Realizamos fichas de distintos libros.


 

O soldadiño de chumbo

Os nenos de terceiro  de Ed. Primaria realizamos no PDI de centro, un traballo sobre o conto: “EL SOLDADITO DE PLOMO” e as distintas CDU.

No primeiro trimestre pescudamos sobre a vida do autor Christian Andersen.

No segundo trimestre traballamos o conto e na semana do Entroido disfrazámonos de soldadiños e bailarinas.

No terceiro trimestre encadrámolo conto na súa correspondente CDU . A partir de aí traballamos o resto das CDU e fixemos un mural infográfico para o corredor do primeiro andar que serviu de información para toda a comunidade.

Hans Christian Andersen

Introdución.

O alumnado de 4º centrouse no estudo da CDU correspondente a biografías. Para o que  pescudamos na vida  e obra de Hans Christian Andersen.

O traballo comenzou cunha fotografía e descubrimos quen era a personaxe, o seu oficio, lugar de nacemento, etc. Utilizaremos libros de contos, enciclopedias, internet…

Os obxectivos previstos: coñecer a CDU de biografías, coñecer a CDU de xeografía, localizar Dinamarca en Europa, así como outros países deste continente, coñecer a vida e obra de Hans Christian Andersen foron alcanzados.

Fixemos unha entrevista ao autor. Despois de ler, comentar e afondar na biografía de Andersen o alumnado escolleu unhas preguntas e a súa resposta para facerlle.

Na aula de plástica  fixemos un gran mural con Hans Christian Andersen e as fotografías do alumnado de 4º ao seu redor, onde quedou reflectido o seu traballo.

Falamos de varios dos seus contos, xa coñecidos polo alumnado, e no Entroido o noso disfrace foi de Libro. Como non podía ser doutra maneira cada alumno levaba a portada dun conto del.

Como ampliación do estudo das biografías,  fixeron un traballo, por parellas. Biografías de mulleres cientificas que sendo descoñecidas ou casi, aportaron ou seguen aportando coñecementos e inventos, as vidas de todos nós. Utilizamos o libro Las Chicas son de Ciencias da editorial Montena:  Mileva Maric, Patricia Bath, Stefanie Kwolek, Inge Lehmam, Beulah Louise Henry.

Estos traballos foron expostos na aula e a cada alumno/a  chamoulle a atención unha personaxe  distinta.

Hora de ler de 4º de Ed. Primaria

Neste curso traballamos  en galego a  alimentación saudable e a obesidade infantil con "Gordiño recheo" (Fina Casalderrey) da editorial  SM.

  • Fixemos lectura en voz alta coidando o ritmo e a entoación adecuada.
  • Realizamos  unha lectura comprensiva, sendo capaces de deducir a mensaxe do texto.
  • O alumnado realizou debuxos dos distintos capitulos que estiveron na aula no espazo adicado a HORA DE LER.

En castelán, traballamos o libro de Anna Manso "El último violín" da editorial Anaya.

  • Ampliamos o vocabulario (lutier; alzheimer, demencia senil, parkinson) con
  • Enfermidades estas que parte do alumnado descoñecía e tomaron conciencia da axuda que necesitan as persoas que as padecen.
  • Como complemento, ao oficio do pai do protagonista, comentáronse os oficios e traballos realizados polos seus pais e nais e o que lles gustaría ser a eles/as de maiores.
  • Na area de plástica construiron uns violíns e tivemos a sorte de que unha alumna do noso centro nos interpretara un tema de Beethoven para rematar o traballo.

A poesía chogounos da man de  Paco Velázquez con "Rebelión en la escuela" libro de poemas adicado a obxectos e  material de aula, onde foron quen de engadir algúns versos.

O emprego das Tic ven da man de Chocolata (Marisa Núñez) ed. OQO que estamos desenvolvendo neste momento.
Tamén temos pendente de ler "El Lazarillo contado a los niños" (Rosa Navarro) ed. Edebé.

A HORA DE LER é un tempo que gusta a todo o alumnado independientemente da velocidade lectora, a maior ou menor capacidade de comprension lectora, e polo xeral as actividades que se propoñen teñen moi boa aceptación na aula.

"Papá bolecha doa sangue"

A axencia ADOS de doazón de órganos e sangue realizou no noso centro unha campaña de difusión da súa labor coa entrega ao alumnado do libro dos bolechas “Papá bolecha doa sangue” para que o alumnado traballase a súa lectura na casa coa súa familia.

 

Letras Galegas 2019

O 16 de maio celebramos na biblioteca do cole o Día das Letras Galegas para homenaxear a Antón Fraguas coa realización das seguintes actividades:

  • Visionado do vídeo da súa vida e obra realizado polos compañeiros do CPR Sa Pío X.
  • Representación da obra de Antón Fraguas "A pulga e o piollo" polo alumnado de Ed. Infantil.
  • Interpretación polo coro do cole das seguintes cancións:
  • Entrega de agasallos do concurso de fomento do emprego do Galego que organizou o EDL do Centro.

Obra de teatro "A voda da pulga e o piollo":

 

Experimentando con volcáns

No mes de maio o alumnado de 4º de Ed. Primaria realizou un experimento divertido e emocionante que consistía en reproducir no aula unha erupción volcánica. Previamente pescudaron sobre a orixe dos volcáns e os seus diferentes tipos. Posteriormente, realizarón un volcán fixérono con materiais de refugallo reciclados e para facelo entrar en erupción empregaron vinagre e bicarbonato.

Simularon unha erupción volcánica aproveitando a evolución do gas (dióxido de carbono, CO2), que ten lugar na reacción ácido-base entre o vinagre e o bicarbonato.

Pasárono xenial ao tempo que reforzaron os contidos traballados neste tema.

No seguinte vídeo podedes observar todo o proceso seguido:

 

Saúde bucodental

O 10 de maio participamos nun obradoiro de hixiene bucodental realizado por un experto en saúde baixo a coordinación do Concello de Ourense.

Con esta actividade de saúde bucal, promovida polo Concello de Ourense, o que se busca é que o alumnado de Infantil e Primaria coñezan a importancia de preservar e manter unha hixiene oral adecuada, ademais de fomentar hábitos que, aplicados desde a infancia, poidan previr enfermidades orais máis tarde.

Na charla informativa, tamén nos explicaron como facer un correcto cepillado dos dentes, identificar as principais partes da boca, descubrir os inimigos da saúde bucal ou recoñecer e evitar os alimentos carigénicos.

Asemade, tamén descubrimos como o fluoruro aumenta a resistencia do esmalte e dos dentes e quen é o profesional que se encarga da súa saúde oral.

Visitounos a vaca LUCY e a PANDILLA LÁCTEA

O martes 7 de maio, o alumnado de Primaria e Ed. Infantil participou na actividade “Disfruta con Lucy e a pandilla láctea” que organizou o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) e respaldado pola Unión Europea.

Os obxectivos principais foron:

  • Promover hábitos e conductas saludables vinculadas ao consumo regular de leite e derivados lácteos entre os alumnos dos centros escolares.
  • Incrementar o coñecemento por parte dos alumnos acerca da cadea de produción de leite e productos lácteos, así como familiarizarlos cas actividades dos gandeiros no medio rural.

Primeiro, descubrimos quen é Lucy e como vive cun video moi divertido. Logo, unha especialista en nutrición informounos  do importante que é seguir unha dieta saludable xunto coa realización de exercicio físico. Asemade, falounos da importancia do leite e do seu proceso de transformación desde que é ordeñada ata que chega á noso mesa. Realizamos un xogo didáctico.

Pero non se trataba só dun obradoiro teórico, senón que, o alumnado e profesorado, temos a oportunidade de disfrutar de leite para a hora de lecer.

Esperamos que Lucy volva!!

Visita ao supermercado Gadis

O xoves 2 de maio, todo o alumnado e o profesorado do colexio fomos de visita ao supermercado Gadis, participamos dentro do programa alimentes (Alimentes é a aposta educativa, de Aligera tu vida e Gadis), onde se pretende fomentar os hábitos de consumo responsable e alimentación saudable dos máis pequenos a través de materiais didácticos adaptados ao currículo oficial de 2º Ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León e unha visita posterior ao super.

No supermercado explicáronnos as diferentes partes da pirámide de alimentos e fixemos unha ronda polas diferentes seccións do supermercado, a froitería, a panadería, a peixería, ...

Para rematar regaláronnos unhas bolsas ecolóxicas cun almorzo saludable (leite, mazá e auga), e para os que non tomamos leite tiñan almendoas e paramos no parque para descansar e retomar enerxias para o resto da xornada.

Foi estupendo!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut