Skip to Content

4º Curso

Pescudando sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas

Imos realizar unha gincana sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017. Para elo empregaremos códigos QR e tablets.

Para resolver todas as preguntas da gincana, teredes que ir resolvendo as cuestións que se propoñen. Nos códigos QR atoparedes a información e pistas necesarias para a súa resolución.

Unha vez resolta a pregunta iredes compretando o formulario que se achega ao final desta nova.

Cuestións:


Pista 1


  • Quen é o escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2017?
  • Cando naceu?
  • En que vila viviu de pequeno?

Pista 2


  • Como se chama a editorial do libro?
  • Quen a dirixiu desde 1985 ata 2002?

Pista  3.1      3.2


  • Como se chama o protagonista do libro?
  • Cal é o nome da súa mellor amiga?

Pista  4.1       4.2


  • Cidade que visita o protagonista?
  • Que museo visita o protagonista nesta cidade?

Pistas  5.1     5.2


  • De que libro falamos?
  • Como se chama o invento do protagonista?

 


FORMULARIO


 

 


ACTIVIDADES DE LECER PARA OS QUE REMATEN


Un viaggio a colori

O 10 maio foi a data que escollemos para presentar todos os nosos traballos en relación a Italia e como colofón ao noso proxecto de biblioteca deste ano : "O Sueiro onde a lectura é arte".

Para tal ocasión, estaba previsto que o Cónsul de Italia, Sr Francesco Milani, presidise o acto, pero, por motivos de saúde, non foi posible a súa asistencia ao mesmo.

O programa de actuacións foi o seguinte:

  • Traballo realizado polo alumnado de 3º curso de Ed. Primaria sobre a Ópera, centrándose na obra de Donizetti "L'Elisir de amore".
  • Os nenos e nenas de 2º de Ed. Primaria, coa colaboración  dalgúns extras de 3º, representaron o conto de Carlo Lorenzini: "Pinocho".
  • O alumnado de Relixión expuxo o seu traballo sobre a Capilla Sixtina.
  • Os máis pequenos do cole desprazáronse ata a cidade das canles: "Venezia" para coñecer o seu Entroido.
  • O alumnado de 6º de Ed. Infantil viaxou ata Vinci para para pescudar sobre a "Mona Lisa" e o seu autor, Leonardo.
  • E para rematar, os compañeiros de 1º, 2º e 3º de Ed. Primaria presentáronnos o "Viaggio a colori" que lles tocou vivir en Siena coa interpretación da canción "Io sono un bambino".

GALERÍA DE IMAXES

Día do libro 2017

Galería de imaxes

Este ano, como o Día do libro foi domingo, na nosa biblioteca, celebrámolo o venres 28 de abril co obxectivo principal de fomentar a lectura, e outros obxectivos, non menos importantes, como o fomento do esforzo, da colaboración, da axuda, da amizade... a través de diversas actividades de animación á lectura. No seguinte programa tedes acceso a parte das actividades realizadas:


Galería de imaxes


 


Ao remate da celebración o alumnado foi agasallado cos marcapáxinas que, coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.

Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. 

 

Empregando códigos QR

O alumnado de 4º Ed. Primaria traballou na Hora de Ler con códigos QR:

Ampliar 

Pescudando con códigos QR.

Ampliar 

Exemplos de QR:

Día do Teatro 2017

O alumnado de 4º de Ed. Primaria representou unha versión moi peculiar do "Club da comedia" para celebrar o Día do Teatro na biblioteca do centro ante todo o alumnado e profesorado.

Xa nos tiñan demostrado que tiñan madeira de actores e actrices, agora tamén podemosdicir que a teñen de humoristas!

Para o mes representarán no certame de teatro de Bande a obra titulada "Comerei dous".

GALERÍA DE IMAXES

 

Almorzos con beizos brancos

O venres 17 de marzo, o alumnado de Primaria e 6º de Ed. Infantil participou na actividade “Almorzo con beizos brancos” que organizou a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) en colaboración coa Obra Social 'la Caixa' . 

O obxectivo principal foi o de tratar de inculcar aos nenos e nenas hábitos saudables e mostrarlles que se pode comer rico e san. 

Primeiro, descubrimos o que son as cooperativas agroalimentarias galegas (AGACA) e do sobre o seu compromiso coa seguridade dos alimentos en todos os seus procesos de produción, desde o campo ata a mesa. Logo, unha especialista en nutrición informounos  do importante que é seguir unha dieta saudable xunto coa realización de exercicio físico. Asemade, falounos da importancia da leite e do seu proceso de transformación desde que é ordeñada ata que chega á noso mesa. Realizamos un xogo didáctico, con pegatinas e brick reciclados, para ver “ De onde ven a leite”.

Pero non se trataba só dun obradoiro teórico, senón que, o alumnado e profesorado, tiveron a oportunidade de disfrutar dun almorzo rico e saudable:Un vaso de leite enteira con cacao natural e mel como edulcorante; unha torrada de pan con aceite de oliva e unha peza de froita. 

Hai que repetilo!!

 

Día da Poesía 2017

O día 21 de marzo celebramos o Día da Poesía, no noso cole, cun poemario, onde as linguas e a chegada da primavera tiveron un gran protagonismo.

Nas seguintes ligazóns están dispoñibles os vídeos das diferentes actuacións:

Se premedes na seguinte imaxe accederedes á gañlería de imaxes.

Artigo na revista ourensá "Verbas"

A revista ourensá "Verbas", recentemente saída á rúa, publica, no seu primeiro número, un artigo sobre a realidade aumentada no noso centro.

Premendo na imaxe teredes acceso ao artigo.

Distribuir contido


by Dr. Radut