Este ano, en sexto de Ed. primaria, estamos a desenvolver un proxecto documental titulado “Da man de Baldomero, pintura e escultura imos coñecer”. Con este traballo estudaremos distintos materiais e técnicas plásticas, así como estilos pictóricos e escultóricos.
A principios de febreiro, realizamos un obradoiro de plástica, dirixido polo prestixioso pintor ourensán Baldomero Moreiras. Con el realizamos un collage de pombas zurita e polipava.
No mes de marzo volverá a ensinarnos máis cousas
Asemade, aproveitamos para facerlle esta entrevista. .
ENTREVISTA BALDOMERO MOREIRAS
P. Cando comenzaches a pintar?
R. De neno , na escola, o mestre dábame xices de cores e pintaba e debuxaba no encerado de cor negro que tiñamos en clase.
P. Inspíraste sempre en algo concreto?
R. Si sobre todo en Galicia, a natureza, os animais, os cabalos…
P. De non ser pintor. Que serías?
R. Pois... pintor.
P. Por que fixeches as bolas de neve?
R. Porque son dun personaxe sacado do libro de Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro
P. Que opinas de que na escola aprendamos cousas con cadros de pintores famosos?
R. Paréceme moi ben, é unha idea estupenda.
P. Das bolas de neve que fixemos nós, cal che gusta máis?
R. A que máis me gusta e a das pombas da Paz.
P. Paréceche tempo suficiente unha sesión de plástica á semana en Ed. Primaria?
R. Coido que deberiades ter polo menos tres horas semanais, pois a pintura e o debuxo son cousas moi boas.