Skip to Content

Que cousa

QUE COUSA...!

Vou contarvos a historia dun neno chamado Thomas que naceu en 1847, nunha pequena cidade de Ohio.

Sempre estaba arranxando cousas, e gustáballe moito ler revistas científicas.

Creaba os seus propios xoguetes. Os seus compañeiros pedíanllos prestados. Pero tivo que marchar  da escola. O seu mestre dixo que Thomas era mal estudante, e non había clases de apoio e recuperación e  como nesta época a ensinanza non era obrigatoria, a súa nai fixo de profesora na casa.

Co paso do tempo, foise a vivir só pensando que podería traballar como inventor. Arranxaba todo tipo e chismes, e inventaba artefactos para todo, pero non conseguía vender ningún. Farto desta situación díxose:

-Un invento, por riba de todo, ten que ser necesario.

Unha noite, na que non era capaz de durmir, púxose a reler unha revista sobre experimentos eléctricos de Michael Faraday. Non conseguiu quedar durmido, pero  o que fixo esta lectura, foi que teimara con esas ideas de producir luz.

Pasaron  meses e meses  e prendeuse a “LÁMPADA” da súa cabeza.

Creou un globo de cristal, sen aire, e  cuns filamentos de metal aos que lles fixo pasar electricidade.

-Xa está  a “LÁMPADA e, por suposto, que é un invento ben ÚTIL é NECESARIO.

Imaxinades que hoxe seguísemos a luz da candea?

Non deixou nunca de experimentar, incluso mellorou o que outros inventaran.

Grazas, Thomas, polo teléfono, cine, tocadiscos e outros moitos.

Olvidábame darvos un dato importantisimo: o seu apelido, EDISON.



Autor: Lampadiña



book | by Dr. Radut