ROSA SOÑA CON…
Hai moito tempo, unha señora, chamada Rosa, estaba farta de lavar a man a roupa.
No inverno a auga estaba moi fría e doíanlle as mans, as costas e, ás veces, tiña que deixar aos seus fillos na casa dunha veciña, porque tiña que ir ata os río, a lavar as moreas de roupa da súa familia.
Unha tarde estaba tan cansa que quedou durmida na cadeira da cociña.
Chamaron a porta, e foi abrir.
Un home que con acento estranxeiro, dixo chamarse ALVA FISHER, traía un paquete enorme.
-Toma este agasallo -Dixo o home.
Rosa quedou abraiada, poucas veces lle regalaban cousas, e menos un descoñecido.
Abriu o paquete e a súa sorpresa aínda foi maior, unha tina de madeira cun motor eléctrico na parte inferior.
Que era aquel artefacto?
-Tes que meter a roupa sucia aquí, auga e deterxente. Prendes o motor e a roupa lavarase soa -ensinoulle Alva.
-Non volverei ao río e terei tempo para coidar dos meus fillos -dixo Rosa moi agradecida.
Cando o reloxo da igrexa daba 8 badaladas, Rosa espertou.
Moi inqueda e asustada buscou o aparello marabilloso e non o atopou por ningures.
-Demasiado fermoso para ser certo, só foi un mal soño -Dicíase Rosa para si.
O que ela non sabía é que a partires da década dos 60 do século pasado en tódalas casas, de todos os países, hai un artiluxio que lava só a roupa.
Autor: Artiluxios