Skip to Content

O viraventos

HISTORIA DO VIRAVENTOS

Quen pensades que foi o inventor do viraventos? En que época?

Un señor de Estados Unidos e que viviu no século XIX?  Pois creo que moitísimo antes e por casualidade.

Eu imaxino que foron uns soldados romanos, César e Augusto, que entre conquista e conquista saían a pasear  tranquilamente polas rúas de Roma, falando do gran imperio que tiñan e das xentes tan distintas que formaban parte del.  

Un día, no seu paseo, chegaron a unha casa que tiña a colada do día a secar. De súpeto un refacho de vento fixo que unha camisa do tendedeiro se lle quedase pegada ao mango da espada de César.

A Augusto caeulle o escudo, non saía da casa sen el, e un pau que levaba na man a modo de bastón. A casualidade fixo que o carrete de fío e agulla da señora da casa, que estaba na fiestra cosendo o vestido da súa filla para ir ao circo, saíu tamén voando.

Cesar, entre a confusión, coseu a camisa, e a espada quedou cravada no caxato de Augusto e este, nun burato do escudo.

Todo comezou a xirar e xirar.

Temos o primeiro viraventos.

Agora poñede a vosa imaxinación en funcionamento e creade os vosos viraventos.

Autor: Viraventos



book | by Dr. Radut