Língua Francesa

Excursión ao teatro en francés do alumnado de 2 ESO

O alumnado de 2 ESO asistiu o mércores 30 de novembro a unha representación teatral en francés no Teatro Principal de Ourense, onde puideron contemplar a obra “Le petit prince”, adaptación da coñecedísima obra de Antoine de Saint-Exupéryinterpretada pola compañía Eina d’Escola.

Tamén aproveitaron a viaxe para visitar dúas exposicións no Centro Cultural Marcos Valcarcel:

-          - Exposición: Experimenta 10+1 ( 10+1 dialécticas experimentais coa cor, forma, luz, e materia.

-          - Exposición de Lola Figueiras "Poemas Visuais".

E ademais, tiveron tempo para visitar o centro comercial “Ponte Vella”, almorzar, facer algunhas compras e regresar a Monforte de Lemos ás 17 horas da tarde. Facendo click na seguinte imaxe se accede a unha pequena galería de fotos da actividade:

XX Intercambio Monforte-Landernau

25/03/2015: Os profesores acompañantes informan de que xa se encontran en París instalados no Hotel. A continuación podedes ver tres fotos da despedida de Landerneau e unha magnífica estampa da Torre Eiffel de noite.

 

24/03/2015: Hoxe pola mañá tocou coñecer a cidade de Brest e ás 16:30 volveron para Landerneau. Mañá visitarán Mont San Michel e logo París. A continuación podedes ver unha imaxe do grupo en Oceanópolis, un centro oceanográfico que recolle o mellor da fauna que podemos atopar arredor do planeta.

 

23/03/2015: Día de visita á Illa Grande (Perros-Guirec), onde nun barco durante dúas horas contemplaron sete illas, distintos tipos de aves e a costa de granito vermello. Logo de xantar fixeron unha ruta de sendeirismo de 7 kms pola parte terrestre, gozando dun espléndido día, o que lles permitiu contemplar unha costa irmán do finisterre galego.

 

 

O 18 de marzo pola noite iniciaron a viaxe a Francia os 25 alumnos/as do IES Río Cabe, ademais de 6 alumnos do IES Daviña Rey e 7 do IES A Pinguela, que participan neste curso escolar no Programa de Intercambio que desde fai vinte anos vense organizando no noso centro. 

Os profesores acompañantes, Marisa Mariño e Carlos Parada, informan que o alumnado xa está instalado perfectamente nas casas dos seus anfitrións, en terras galas, e xa tiveron tempo no día de hoxe de disfrutar do parque de atraccións "La Récré des trois Curés" en Milizac.

 

Excursión a Ourense

O alumnado do 2º ciclo da ESO asistiu no día de hoxe a unha representación dunha obra de teatro en francés no Teatro Principal de Ourense: "Monlsménie".

Tamén aproveitaron o resto da mañá para visitar o Centro Cultural "Marcos Valcárcel" e visionar as exposicións de fotografía "Os que habitan" de Eva Díez e "You are you" de Lindsay Morris.

A continuación podedes ver algunhas fotos da actividade:

XX Intercambio Monforte-Landernau

Nesta semana, desde o día 3 ao 9 de Novembro, no IES Río Cabe estiveron de visita os/as alumnos/as procedentes de Landernau (Francia) dentro do programa de intercambio que desde fai vinte anos vense organizando nos nosos centros.

No IES Río Cabe participan un total de 26 alumnos, ademais de 6 alumnos do Daviña Rey e 9 do IES A Pinguela. Nesta semana os alumnos participaron en distintas actividades programadas polos profesores que organizan o Intercambio: visita a Santiago de Compostela, Ourense, Lugo...  así como a convivencia coas familias de acollida.

 

INTERCAMBIO CULTURAL CON FRANCIA 2013/2014

Na segunda semana do mes de abril alumnado do segundo ciclo de ESO da materia de Francés devolveron a visita que realizaron a vila do “Río Cabe” un grupo de alumnos e alumnas franceses. Como en cursos pasados, o intercambio produciuse con alumnos do Instituto de Saint Sebastien, en Landerneau.

O intercambio entre estudantes do noso instituto con alumnado francés é unha costume arraigada desde fai xa 20 anos. Marisa Mariño foi a profesora encargada de sacar adiante o proxecto durante todos estes anos e hoxe é unha das actividades máis arraigadas na nosa comunidade educativa. Dende a Dirección do IES Río Cabe valoramos moi positivamente esta experiencia de intercambio, polo que esperamos que teña continuidade en vindeiros cursos.

Os alumnos conviven coas súas respectivas familias de acollida e acoden a algunhas clases para coñecer os diferentes modelos educativos e practicar co idioma. Ademais realizan visitas turísticas e culturais nas localidades de referencia e este ano tamén estiveron algúns días coñecendo a cidade de París: subiron a Torre Eiffel, pasearon en barco polo río Sena, visitaron museos, coñeceron Notre Dame, a “Île de la Cité,etc….

Picando na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.

 

 

Intercambio con Francia 2012/13

O departameto de francés do instituto, organiza, xunto con centro, o intercambio con alumnos de Francia. Neste curso, o intercambio produciuse con alumnos do Instituto de Saint Sebastien, de Landerneau.

En Francia, os alumnos do IES Río Cabe, do Daviña e da Pinguela estiveron durante unha semán en Francia, acompañados pola compañeira Ana Rego, profesora deste centro.

Posteriormente, alumnos do centro francés estiveron unha semán convivindo cos nosos alumnos en Monforte de Lemos, visitando a zona.

Picando na imaxe, pódese acceder á galería de fotos.

 


Intercambio con Francia 2010/11

Un grupo de 40 alumnos do instituto Saint Sebastien de Landerneau (Francia), acompañados por tres profesores, acaban de pasar unha semana en Monforte de Lemos, con motivo do intercambio escolar realizado por éste centro e o IES A Pingela. O intercambio leva funcionando dende hai 17 anos e está organizado polo departamentos de Francés dos centros organizadores.

Estiveron na cidade de Monforte de Lemos, vivindo en casa de familias de alumnos do instituto. Visitaron a cidade de Ourense, as Termas, fixeron un tramo do camiño de Santiago, foron a Santiago de Compostela, e asistiron ás clases no IES Río Cabe.

Todo resultou moi ben e devolverémoslle a visita a Francia no més de Abril.

Picando no seguinte enlace, podedes ver unha selección de fotos do intercambio cultural.

    


Distribuir contido