Curso 2015/16

A Mirada de Anna Turbau

Co gallo de conmemorar o Día da Muller Traballadora, Anna Turbau, unha das fotoxornalistas máis importantes que houbo na transición, impartiu unha charla ao noso alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

A súa exposición fotográfica “Tan só hai 40 anos”, está no noso centro dutante estes días. As fotografías de Anna Turbau, cos seus grandes picados e contrapicados, sempre no corazón da acción e recollendo as actitudes de todas as partes comprometidas no conflito déixannos un detallado retrato daqueles anos cun selo persoalísimo. Cunhos coidadosos encadres, as composicións de Turbau abren paso a un torrente de enerxía e rebelión no que é constante a presenza de mulleres que non son vítimas pasivas senón personaxes importantes nunha trama complexa.

Previamente á súa charla, nas clases, o alumnado viu un documental sobre o seu traballo titulado "A Mirada de Anna", dirixido por Llorenç Soler e Jorge Algora, que relata a segunda metade da década dos 70 a través das fotos, recordos e testemuños dos seus protagonistas, sacando á luz a versión menos oficial dos anos que van da Transición á Democracia.

As súas imaxes convertéronse en auténticas iconas da historia da Galica. Tivo a súa primeira exposición en Galicia na Galería Sargadelos de Santiago en 1979, titulada "Galicia", á que seguiron infinidade delas tanto a nivel individual coma colectivo, sendo a última en Barcelona en 2016. Este é só un pequeno boceto da súa obra e neste momento está en negociacións para cederlle toda a súa obra ao Centro da Cultura en Santiago de Compostela, a cidade que a acolleu maiormente na súa estadía en Galicia hai 40 anos.

Segue traballado na súa paixón, que é a fotografía, expoñendo e facendo conferencias e, de cando en vez, como é o noso caso, na transmisión do seu saber aos máis novos cos que goza e se enriquece de continuo.

Facendo click na seguinte imaxe se poden ver algunhas fotos da actividade:

Día da Muller Traballadora 2106

O martes, 8 de marzo o alumnado de 3º de ESO desprazouse á Praza de España para participar nunha actividade organizada polo Centro de Información á Muller do Concello, co gallo de conmemorar o Día da Muller Traballadora. A actividade consistiu en que dous representantes de cada centro de ensino participaron nunha dinámica de grupo para colgar mensaxes a favor da igualdade sobre un mapa do mundo. Estas mensaxes foron traballadas previamente na sesión que se realizou ao longo do mes de febreiro coa psicóloga do CIM dentro do Programa Educativo en Igualdade.

Con esta actividade se quere promover a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, sensibilizando ao alumnado sobre a súa importancia, e que recoñezan as desigualdades e discriminacións que se producen entre rapaces e rapazas, facéndoos conscientes de que son axentes de cambio. A finalidade última é fomentar unha educación libre de prexuízos de xénero, mellorando as súas relacións persoais e diminuíndo a violencia e o sexismo nas diversas situacións da vida .

Excursión A Coruña do alumnado de Latín e Grego

O martes 1 de marzo o alumnado de Latín e Grego do IES Río Cabe realizaron unha excursión a A Coruña. Visitaron a Torre de Hércules, unha exposición de grandes pintores no “Kiosco Alfonso” (Goya, Zurbarán, Madrazo....) e asistiron á representación de duas importantes obras do teatro clásico grecolatino, a traxedia “Electra” de Sófocles e a comedia “Asinaria” de Plauto, a cargo do grupo Párodos, de Talarrubias de Badajoz e Premio Nacional de Teatro. Destacar a fonda impresión que ámbalas duas obras causaron nos corazóns dos nosos adolescentes … especialmente o actor principal. Unha xornada para enmarcar.

Conferencia de Xabier Quiroga

O Venres 26 de febreiro tivo lugar a conferencia de Xabier Quiroga, novelista e ex-alumno do noso centro. Esta charla enmarcase dentro das conferencias mensuais para conmemorar o 50 aniversario da creación do Instituto.

O alumnado de Bacharelato, ademais de escoitar referencias as súas obras "Izan o da saca" ou "Zapatillas rotas" tamén escoitaron unha grande lección do difícil que é chegar a ser un novelista de éxito e poder vivir de esta profesión. Tiveron ocasión de facerlle múltiples preguntas sobre a súa vida e escoitar anécdotas como que cando Xabier era alumno do Instituto había unhas escaleiras secundarias para que subise o alumnado e pola porta principal entraba o profesorado, e no caso de que algún alumno se colase polas escaleiras que non debía podía aparecer "Don Félix", o Xefe de Estudos, para chamarlle a atención "voz en grito".

"Pinchando" na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da conferencia:

Día de Rosalía de Castro

O mércores 24 de febreiro, 8 alumnos/as de 1º de ESO participaron na lectura do poemario de Rosalía de Castro. Esta actividade estivo organizada polo Concello de Monforte de Lemos e desenvolveuse na Biblioteca Municipal. Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Representación de dúas obras de teatro en inglés

No día de hoxe, venres 12 de febreiro, tivo lugar no IES Río Cabe a representación teatral en inglés de dúas obras de teatro para o alumnado de ESO e Bacharelato.

A compañía "Moving on Theatre Company" escenificou para o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO a obra co título "You can't stop my dream" e no caso do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato "One way ticket".

Nas dúas representacións tiveron ocasión os alumnos e alumnas de sair ao escenario para participar activamente na representación e de paso practicar algo de inglés cos dous actores da compañía, Bob e Harry. O pasaron xenial e decatáronse que foron capaces de comprender a maior parte dos diálogos dos actores nativos.

Facendo click na imaxe podese acceder a unha pequena gaería de fotos da actividade:

Festa de Carnaval

O día 5 de febreiro tivo lugar no salón de actos do Instituto a terceira edición do concurso de disfraces para ir "quentando motores" cara o Carnaval. No presente curso, cada clase preparou unha coreografía e posta en escena do tema que previo sorteo lle foi asignado (hippies, vaqueros, gregos....) e así foron desfilando, bailando e interpretando todo o alumnado e profesorado nun ambiente de festa e diversión.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a algunhas fotos do desfile de disfraces:

Obra de teatro: "A Dama Boba"

Teatro Principal de Ourense, tal día como o 28 de xaneiro, o alumnado de 1º de bacharelato asiste a posta en escea da obra de Lope de Vega "A DAMA BOBA". Todos, alumnos e profesoras, quedamos "embobados" coa compañía Teatro del repartidor, de Eina da Escola, que un ano máis ofreceunos as súas propostas para introducir ao alumnado no mundo do teatro.

Visita a Santiago do alumnado do CS Guía, información e asistencia turísticas.

O alumnado do CS de Guía, información e asistencia turística viaxaron a Santiago para percorrer a cidade sendo asistidos, na visita guiada, polos seus compañeiros do IES Rosalía de Castro.

Para o almorzo escolleron compartir aula taller cos alumnos e alumnas de hostalería do CIFP Compostela.

Visitaron a Oficina de Información Turística municipal e a de Porto e norte de Portugal e aproveitaron para departir sobre temas de actualidade turística cos responsables das oficinas mencionadas.

Para rematar a xornada, o grupo desplazouse ao Mosteiro de San Francisco para disfrutar do Museo de Terra Santa.

Distribuir contido