Curso 2015/16

Seleccionan o guión do IES Río Cabe como gañador

O guión seleccionado como finalista no obradoiro "Cóntame unha historia" pertence ao IES Río Cabe.

Dada a calidade dos guións e a ilusión amosada polo alumnado, desde o CIM lanzan a proposta de que os rapaces e rapazas asistentes ao obradoiro que desexen elaborar cos seus propios medios(móbiles, tablets, cámaras ?? ) a curtametraxe baseada nos guións aportados serán proxectados o día 25 de Novembro xunto coa curta do IES Río Cabe gañadora do certame e producida por Xes Chapela.  O último día para presentar  estas curtas será o venres 20 de novembro no CIM.

Por outra banda, ao CIM gustarialle contar coa participación na Mesa que se celebrará o día 25 de novembro, ao remate do visionado das curtas, co alumnado que aportou o material audiovisual.



¡ Felicidades ao alumnado de 1º Bac gañadores do obradoiro !

Obradoiro "Cóntame outra historia"

O alumnado de 1º de Bacharelato participou o xoves 5 de novembro nun obradoiro organizado polo Centro de Información á Muller co obxectivo de sensibiliazr ao alumnado sobre a desigualdade entre homes e mulleres e a violencia de xénero. Preténdese que reflexionen sobre os roles, os esteriotipos e que camiñemos cara a igualdade real.

O desenvolvemento da actividade tivo como protagonista á psicóloga Paula Sánchez e desenvolveuse no salón de actos do noso centro. O alumnado en grupos de 6-7 persoas propuxeron diferentes ideas para unha posible curtametraxe.

De entre todas as ideas propostas, entre os centros participantes, escollerase unha que será a que finalmente participe na segunda parte do proxecto de elaboración da mesma. Contarán coa dirección de Xes Chapela, creador audiovisual cunha ampla experiencia en formación.

Quedamos a espera da resolución do xurado e mentres podedes ver algunha foto do obradorio facendo click na seguinte foto:

 

¡ Moita sorte ao noso alumnado de 1º Bac. !

Ruta por Monforte de Lemos

O venres 23 de outubro o alumnado do CS de Guía, información e asistencia turísticas do I.E.S. Río Cabe saíu de ruta por Monforte de Lemos para celebrar o IV Centenario da publicación da segunda parte do Quijote que foi adicada ó VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro. A visita,  organizada polo Concello, foi guiada polo lingüísta José Martínez Rodríguez.

 

Charla-Coloquio de Dani de la Torre

O alumnado de 1º de Bacharelato e 3º ESO tiveron o pracer de asistir a charla-coloquio impartida por Dani de la Torre no salón de actos do centro o pasado 24 de outubro. Durante máis de dúas horas escoitamos un montón de anécdotas acerca da rodaxe da película “El Desconocido”,  puidemos achegarnos ao mundo do cine e coñecer o difícil que é chegar a dirixir unha película cun orzamento elevado, pero como moi ben nos dixo Dani de la Torre hai que pensar que podemos lograr aquilo que desexamos, ser persistente e nunca perder a esperanza.

A continuación podedes ver algunhas imaxes da conferencia:

Por último, dicir que o alumnado asistiu a proxección da película aos cines Hollywood de Monforte de Lemos, e preparamos a entrada do hall do Instituto para recibir a Dani con diferentes opinións acerca do filme, e o que nos parecera a cada un de nos.

 

Xornada de Convivencia alumnado de 1º ESO

O xoves 22 de outubro tivo lugar unha xornada de convivencia dirixida ao alumnado de 1º ESO, que consistiu en:

A organización correspondeu ao Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, acompañando aos alumnos Eduardo López, Eva Mª López, Rocío López e Mª José Díaz.

Facendo click na imaxe accedese a unha pequena galería de fotos da excursión:

Adestramentos do CD Lugo

O alumnado do Nivel 2 do Ciclo de Fútbol asistiu no día de hoxe a Lugo para presenciar os adestramentos do equipo que milita na "Liga Adelante". Foron acompañados por Carlos Parada, profesor dos módulos do bloque específico e complementario, e así coñeceron as instalacións do estadio "Anxo Carro", onde xoga e adestra este club de fútbol.

 

Xantar de Convivencia 1º Bac

O mércores 21 de outubro, organizamos un xantar de convivencia dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato e a o profesorado que imparte docencia no centro, contando coa inestimable colaboración de Casto Casanova Rodríguez, que fixo de mestre de ceremonias, e todos poidemos degustar diferentes empanadas, churrasco e de postre as famosas larpeiras de Monforte.

Excursión á zona sur da provincia de Ourense

O pasado mércores, 14 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de BAC participou nunha excursión á zona sur de Ourense organizada polos Departamentos de Historia e de Latín. Visitaron o campamento romano de Aquae Querquennae, onde recibiron as explicacións do arqueólogo director da campaña anual, e a igrexa visigótica de Santa Comba de Bande. En Celanova visitaron o mosterio barroco coa capela mozárabe de San Miguel. Pola tarde realizaron un percorrido guiado ao Castro de San Cibrao de Las, o maior de Galicia, e o seu interesantísimo museo.

Facendo click na seguinte imaxe se accede a unha pequena galería de imaxes sobre a actividade:

  

Distribuir contido