Skip to Content

Proba libre ESO setembro 2021

Do 1 ao 8 de xullo de 2021 iniciase o prazo para a presentación de solicitudes para os exames da proba libre da ESO para maiores de 18 anos que se celebrará o vindeiro 10 de setembro do 2021 no IES Ribeira do Louro.

Listas definitivas de admitidos: 22 de xullo de 2021. Comprobar listaxes no propio centro

 

Información ciclos formativos curso 2021/2022

Está publicada a información relativa a admisión para réxime ordinario, adultos presencial e adultos a distancia para ciclos medios e superiores.

* Prazo de presentación de solicitudes: 25 de xuño ao 5 de xullo (ás 13:00 horas)

* Solicitude web

* Oferta de ciclos formativos

 * Máis información

Información libros de texto e material para o curso 2021/2022

Toda a ESO está incluída no Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal), polo que como xa informamos non haberá fondo de libros para o curso escolar 2021/22.

As familias terán que mercar os libros das materias que non estén incluídas no Proxecto E-Dixgal e que son os que se reflicten no cadro seguinte.

O centro dispón de libros propios do seu fondo para o préstamo ás familias, que se repartirán ao alumnado beneficiario da axuda de material escolar segundo a Orde do 6 de maio de 2021 (DOG 20/05/2021).

Unha vez rematado o reparto entre este alumnado, se houber exemplares sobrantes no fondo, o centro iniciará en setembro un procedemento que se publicará na súa páxina web onde as familias poderán solicitar os libros que precisen.

As solicitudes serán atendidas por estrita orde de entrada no rexistro do centro, no prazo que se abrirá ao efecto.

Relación de libros de texto e material por cursos para o ano escolar 2021/2022. (06/07/21)

 

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut