Skip to Content

Complementarias

ONDA TI! SEMANA CULTURAL DA COMUNICACIÓN

22/03/2018

 

 

Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender... Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos... Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais... e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación?

Onda ti! Semana Cultural da Comunicación. Unha semana na que o IES de Porto do Son estará ONDA TI. Porque...Onda ti Son, onda ti medro, onda ti sinto, onda ti aprendo...!

Do 3 ao 9 de abril. Aquí vos deixamos o programa. Enviaremos ás casas o tríptico, pero tamén podedes descargar o pdf.

Agradecemos a colaboración da ANPA, da Concellería de Emprego e Xuventude do Concello de Porto do Son, da Mancomunidade de Montes de Baroña e de todas e todos aqueles (ponentes, avós,profas e profes, persoal non docente e alumnado que a fará posible).

Estades convidados a achegarvos polo centro!

O IES DE PORTO DO SON NO DÍA MUNDIAL DA RADIO!!

19/02/2018

Colaboramos con Rede Espora no Día Mundial da Radio! A nosa primeira produción pública no proxecto Radio na Biblio. Podedes ler a entrada completa no blog da biblioteca.

ENCONTROS NO CAMPUS DA USC

08/02/2018

Continuamos coas actividades programadas polo departamento de Orientación dentro do PAT. Esta mañá o alumnado de 1º e 2º de bacharelato asistiu aos Encontros no campus da USC. Trátase dunha máis das iniciativas levadas a cabo para axudar o alumnado na toma de decisisóns para o seu futuro. Na imaxe, asisten á presentación no Salón Magno da Facultade de Medicina.

 

ECOAUDITORÍA DE RESIDUOS

07/02/2018
Este luns dúas biólogas de ADEGA ensináronnos a realizar unha Ecoauditoria dos residuos producidos no centro, que levarán a cabo alumnas e alumnos de Cultura Científica de 4ºESO e 1ºBac. Durante estas dúas primeiras sesións estiveron analizando a situación actual do centro, e na vindeira sesión o luns 26, adoptaránse medidas para xestionar e reducir os nosos residuos.
Por outra banda, co alumnado de 1ºESO B e do Ciclo, o obradoiro consistiu en reutilizar un tipo concreto de residuo, os tetrabricks, tan complicados de reciclar. Convertéronos en moedeiros!
 
 
 

ECOAUDITORÍA DE RESIDUOS

07/02/2018
Este luns dúas biólogas de ADEGA ensináronnos a realizar unha Ecoauditoria dos residuos producidos no centro, que levarán a cabo alumnas e alumnos de Cultura Científica de 4ºESO e 1ºBac. Durante estas dúas primeiras sesións estiveron analizando a situación actual do centro, e na vindeira sesión o luns 26, adoptaránse medidas para xestionar e reducir os nosos residuos.
Por outra banda, co alumnado de 1ºESO B e do Ciclo, o obradoiro consistiu en reutilizar un tipo concreto de residuo, os tetrabricks, tan complicados de reciclar. Convertéronos en moedeiros!
 
 
 

ENTROIDO 2018

04/02/2018

OBRADOIRO DE RADIO, RADIO NA BIBLIO

04/02/2018

 

 

Javier Prado, da rede de escolas pertencente ao colectivo Radio Espora, impartiu o martes 30 un obradoiro de radio para o profesorado. A primeira parte, unha introdución xeral, desenvolveuse na na biblioteca; na segunda, tras elaborar uns breves guións de programas de radio, realizamos unha clase práctica. A actividade enmárcase no proxecto Radio na Biblio, promovido dende Bibliotecas Escolares. Os 20 centros seleccionados estamos xa en marcha! 

En abril, en plena Semana Cultural, un grupo de alumnos unirase á formación. Pero antes iremos xa facendo prácticas con eles. Tentaremos atraelos cara a un recurso que, sen dúbida, lles permitirá acadar moitas das competencias de forma dinámica e motivadora. 

Seguimos adiante co tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN

 

EN NOIA NA FASE INTERCOMARCAL DO DEPORTE ESCOLAR

31/01/2018

Parabéns aos mozos e mozas do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Deporte Escolar! O equipo  cadete feminino a pesar das baixas quedou en terceiro lugar e  Valeria Lorenzo Olveira de 2º B  (7º posto) clasificouse para o campionato provincial a celebrar o sábado 3 de febreiro en Culleredo ( A coruña). 

 

SEGUINDO A "RUTA DO LIXO", DA PLANTA DE RECICLAXE, ATA O EDAR E O VERTEDOIRO DO ENXA

27/01/2018

 

O alumnado de 2º de Bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra, seguiu este venres a "ruta do lixo" ou, como é coñecida xa no centro "a ruta da merda". Visitaron a Planta de Reciclaxe de Lousame, EDAR de Porto do Son e o vertedoiro do Enxa. Coñecer para comprender e construír un mundo máis respectuoso co medio ambiente. 

 

"OS BOSQUES DE GALICIA" CON ANTONIO RIGUEIRO NO PROGRAMA A PONTE

27/01/2018

Este xoves,  o profesor Antonio Riguero Rodríguez, do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior  do Campus de Lugo, impartiu para o alumnado de 1º de Bacharelato e do Ciclo a charla Bosques de Galicia. A actividade enmárcase nas charlas do programa A Ponte, que pretende achegar o ámbito universitario ao alumnado dos institutos, e no Plan de Acción Titorial do centro.

 

Riguero explicou a clasificación das árbores en artificiais e naturais. As artificiais son as plantadas polo home (soutos, piñeirais, eucaliptais.. ). As que medran de seu na natureza son naturais. Entre estas últimas distinguiu as de folla caduca (carballeiras, tipos de carballos, bidueirais, faias, ameneirais…) e as de folla perenne ou sempre verdes (aciñeirais, sobrados, louredos, acevedas…). Contou tamén das especies ameazadas polas pragas e, como non, dos estragos do lume.

Unha charla ben interesante! Seguimos na intención de concienciar o alumnado na respecto da natureza.

 

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut