Skip to Content

Complementarias

PLAUTO, TEATRO CLÁSICO GRECOLATINO EN OURENSE

19/03/2017 10:32

O alumnado de 4ºESO e 1º Bacharelato, realizou este xoves unha saída a Ourense organizada polo departamento de castelán. Pola mañá fixeron un xogo de pistas para descubrir a historia e a cultura de Ourense e pola tarde asistiron ao ciclo de teatro clásico grecolatino para ver a obra de Plauto Pseudolus. 

 

DÍA DA MULLER, NA PRENSA E NAS REDES SOCIAIS

11/03/2017 11:59

A Voz de Galicia recolle as manifestacións no Barzanza no Día da Muller. Aí estabamos tamén nós:

 

E nas redes sociais:

 

 

O ENTROIDO DE 1º DE ESO NO 2017

10/03/2017 00:16

O equipo directivo decidiu agasallar o alumnado de 1º de ESO pola súa implicación na festa de Entroido. O 2016- 2017 é o seu primeiro curso no centro e foi o nivel de maior participación de todo o centro!! Detrás hai esforzo e compañeirismo, valores que merecen o noso recoñecemento. Por iso, o mércores, na hora de titoría, convidámolos a un biscoito especial.

 

PARABÉNS para todos eles!!! Encantáronnos os seus disfraces e a posta en escena! Por suposto, tamén felicitamos as titoras e as familias que, de seguro, os animaron a participar! Seguro que no próximo Entroido nos volveredes facer disfrutar! 

Lembrade que podedes ver AQUÍ o vídeo coas imaxes.

 

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

08/03/2017 21:36

8 de marzo, Día da Muller Traballadora, unha data que nos une, que nos lembra o moito que fica por facer, a invisibilidade, a desigualdade, o maltrato, os machismos... Dende o equipo directivo e o profesorado queremos enviar ao alumnado mensaxes que constrúan a crear un mundo máis xusto, de aí que esta mañá nos teñamos sumado á convocatoria do Global Womens Strike, o Paro Internacional de Mulleres. Das 12:00h ás 12:30h, alumnas e profesoras, mesmo algún profesor e algún alumno, concentrámonos demandando os nosos dereitos.

Esta acción colectiva, viña a sumarse a outras actividades que hoxe desenvolvemos no centro arredor do tema da Muller: a inauguración por parte do equipo de biblioteca da exposición sobre Maruxa Mallo, pintora á que se adica este ano o Día das Artes e a visita do alumnado de 4º de ESO da mostra organizada polo Concello de Porto do Son  sobre mulleres científicas dos “Premios María Josefa Wonenburger Planells”.

 

Podedes ver a entrada completa sobre a exposición no blog da biblioteca

O luns, no Club de Lectura, falamos con Susana Sánchez Aríns das súas obras Seique Aquiltadas e contámolo no blog da biblioteca, onde tamén poderedes ler da actividade do martes, na que o alumnado de Bacharelato e Artes Escénicas asistiu no Coliseo Noela en Noia á representación da obra de Shakespeare Soño dunha noite de verán, interpretada pola compañía Voadora en clave de muller, transgresora e actual.

 

OBRADOIRO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE DE MANS UNIDAS

07/03/2017 23:50

O alumnado de 2º de ESO A, tivo o luns 6 de marzo o segundo obradoiro sobre consumo responsable seguindo o programa de Mans Unidas. Insírese dentro da liña de traballo interdisciplinar deste curso (a Auga, extensivo á sostibilidade, o respecto polo entorno, etc.). Esta sesión centrouse na proxección dun documental sobre o "despilfarro" de alimentos, ao que seguiu unha charla-coloquio sobre o mesmo.rPara finalizar, o alumnado realizou unha reflexión sobre as posibles solucións ao problema. A actividade foi organizada polo departamento de Relixión.

ALUMNADO DE ARTE E XEOGRAFÍA EN MADRID

05/03/2017 11:10

Na ponte do Entroido, o alumnado de Arte e Xeografía de 2º de Bacharelato aproveitou para viaxar a Madrid e Toledo. Un tempiño ben aproveitado!!

ENTROIDO 2017. A FESTA!

01/03/2017 10:33

Un ano máis celebramos o Entroido no centro. Agradecemos a alta participación, en especial ao alumnado de 1º de ESO, que, sendo o primeiro ano, foron os que máis se implicaron no Festival. E, por suposto, tamén aos mozos e mozas de Artes Escénicas por contrubuíren, cos xogos e a súa colaboración na organización do concurso, a facer desta xornada un estupendo día de Festa!!!

Aquí vos deixamos un petisco do que foi a mañá do 24 de febreiro:

O ALUMNADO DE RELIXIÓN EN MADRID

26/02/2017 14:07

O alumnado de 2º ESO de Relixión está a pasar estes días de Entroido nunha viaxe cultural e de lecer en Madrid. Visitarán tamén Segovia e Toledo. 

 

 

O IES DE PORTO DO SON NOS "21 DÍAS CO GALEGO"

23/02/2017 23:37

Antía e Germán, mozos de 2BACH e membros do club de lectura,  e Sabela, profesora do departamento de Bioloxía, sumáronse ao proxecto de Normalización e dinamización da lingua galega "21 días co galego", desenvolvido por Pilar Ponte, compañeira do IES da Pobra do Caramiñal. Participan así da homenaxe a Agustín Fernández Paz que este ano centra a iniciativa, contándonos da súa lectura de Lúa do Senegal.

ENTROIDO 2017

19/02/2017 12:33
28/02/2017 12:33

O venres 24 celebramos o Entroido. Este é o programa do día:

3 primeiras horas: acticidade lectiva normal.

4ª hora:

  • 2º Bacharelato: actividade lectiva normal. Non hai ata o momento persoas anotadas para o concurso. Se se disfrazan, farano no recreo.
  • ESO e 1º de Bacharelato: tempo para que o alumnado e o profesorado se disfrace. Mentres, aqueles que non o fagan -esperemos que sexan poucos!!!- participarán nos xogos que o alumnado de Artes Escénicas realizará no patio. Estes comunicarannos ao longo da semana a organización. 

 

5ª e 6ª hora: FESTIVAL DE ENTROIDO NO POLIDEPORTIVO!!!

 

ANIMÁDEVOS, SERÁ UN DÍA PARA DISFRUTAR E CONTAMOS COA VOSA COLABORACIÓN!!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut