Skip to Content

A FAUNA DE AGUIEIRA

28/06/2019

As alumnas e os alumnos de 1º de ESO, na materia de Bioloxía, investigaron sobre a fauna da praia da Aguieira. Partiron da observación e reflexión da propia experiencia e da información da cartelería do areal.

Imos aprender con eles!

Comezamos coa píllara. Xa o curso pasado soubemos da necesidade de coidar esta especie na limpeza que fixemos a final de curso, pola información que nos aportara o axente do Servizo de Conservación da Narureza, Antonio Veiras.

PÍLLARAS DAS DUNAS

(Charadrius alexandrius)

A píllara das dunas tamén coñecida como chorlito patinegro pódese encontrar nas nosas costas. Estes animais son orixinarios da costa galega e onde máis se poden encontrar en Galicia é na Costa da Morte. Tamén no noso país se encontran na costa andaluza.

Adoita medir entre 15 e 17 cm de lonxitude. Nos últimos 10 anos a poboación de píllara diminuiu nun 70%. Este 2019 foi proclamado o ano internacional da píllara das dunas e o goberno galego declarou  tomaríanse medidas para previr a extinción desta especie tan singular das nosas costas e praias.

 

OS MEXILLÓNS

(Mytilus edulis)

 

É un molusco bivalvo que vive formando colonias e colonizando grandes zonas de rochas. Péganse mediante os filamentos do biso que se encontra no seu pé. Vive a pouca profundidade na zona de mareas, preferiblemente en zonas moi batidas con moita materia orgánica en suspensión.

AS NAVALLAS

(Ensis ensis)

As navallas son uns moluscos bivalvos cun pé en forma de machada. Acostuman estar en augas pouco profundas e saladas enterradas na área. Alimentase mediante filtración.

 

Son moi usados para a cociña. Curiosindade: alguns estudos demostran que poden usarse para a depuración da auga contaminada.

LLAPRA

(Patella vulgata)

 

A llapra común é unha especie de molusco gasterópodo mariño, de cuncha cónica, comestible aínda que pouco apreciada. Existen varias especies designadas co nome común de llapra.

OS CORVOS MARIÑOS

(Phalacrocorax phalacrocorax)

Os corvos mariños, do xénero Phalacrocorax, son unhas aves, de plumaxe escura, aliméntanse dos peixes que apañan baixo a auga.

Poden mergullarse ata 10 metros, durante máis dun minuto.

As súas plumas son impermeables, o que lles permite afundirse doadamente.

Ao voar regulan o peso dos seus sacos aéreos. Existen unhas 30 especies deste animal, sendo o corvo mariño grande o máis espallado. Vive en lagos, esteiros e nas costas; constrúe o seu niño en árbores.

En certas partes de China empréganse para a pesca.

 

Aquí encóntranse o Phalacrocorax phalacrocorax e o Phalacrocorax carbo.

 

CANGREXO

(Carcinus maenas)

Os cangrexos son moi bos nadadores, corren de lado cando collen velocidade. Aliméntanse de todo o que encontran no fondo do mar, crustáceos, peixes, animais mortos… Tamén son capaces de abrir as cunchas dos bivalvos coas súas fortes patas.

Adoitan ser de cor vermella.

Teñen cinco pares de patas; o primeiro par delas son alargadas, punteagudas e con pequenos dentes. Parécense a pinzas; utilízanas para a captura do alimento, para a defensa e para socializarse. Os seus outros catro pares de patas terminan en punta e utilízanos para camiñar.

CABALO DO DEMO

(Anax imperator)

O cabalo do demo é un insecto fascinante, que se pode adaptar a todos os medios. O seu corpo está dividido en 3 rexións: cabeza, tórax e abdome. Estes insectos teñen unha alimentación carnívora e axudan moito no ecosistema porque se alimentan dos mosquitos e insectos pequenos. Estes individuos encóntranse por todas as partes do mundo a excepción dos Polos.

As súas características físicas son:

-Teñen 6 patas.

-Poséen pezas bucales.

-O seu abdome e alargado.

 

-Teñen uns grandes ollos.

 

AS GAIVOTAS

(familia laridaes)

 

Son aves mariñas da familia Laridaes.

 

As gaivotas máis comúns en Galicia son as gaivotas patiamarillas (Larus michahellis); aliméntanse de animais mariños e vexetais.

Actualmente son unha plaga debido á abundante población desta especie.

Na praia da Aguieira hai 3 tipos diferentes de gaivotas: Larus michaellis, Larus argentalusLarus fuscus; nesta orde nas imaxes:

 

 

 

 



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut