Skip to Content

ORIENTACIÓNS PARA ELIXIR MATERIAS EN 3º DE ESO

26/05/2020 00:05

1º.- Tes que elixir entre Matemáticas aplicadas ou Matemáticas académicas. Os contidos que se imparten son os mesmos pero nas aplicadas vanse a estudar dunha forma máis básica e práctica. Nesa elección, debes ter en conta, se tes dificultades na área de Matemáticas e o que vas facer ao rematar 4º de ESO:

- Se pensas facer un ciclo formativo de formación profesional (fp) de grao medio (CM)  e tes dificultades nas matemáticas, entón  colle as Matemáticas aplicadas.

- Se pensas facer un ciclo formativo de formación profesional (fp) de grao medio (CM) e NON tes dificultades nas matemáticas, entón podes coller as Matemáticas académicas. Desta maneira,  se cambias de idea e  fas  o Bacharelato,  non terás problemas de base na materia de Matemáticas.

-  Se pensas facer o Bacharelato entón colle as  Matemáticas académicas. 

- Se non sabes  se vas cursar un CM ou o Bacharelato, entón colle as Matemáticas aplicadas.

- Se continúas tendo dúbidas pídelle axuda ao teu profesor de Matemáticas ou  contacta con Orientación (Elena) ou Xefatura de Estudos (Pepe).

 

2º.- Na primeira lingua estranxeira que ter que marcar é inglés porque é o idioma que cursaches como primeira lingua ata agora.

 

3º- Tes que decidir entre valores éticos ou relixión.

En valores éticos vas estudar o respecto á Declaración Universal dos Dereitos Humanos na vida social e política, na Constitución Española e no Estatuto de Autonomía. Os bloques temáticos a traballar son: a comprensión, respecto e igualdade nas relacións interpersoais, a dignidade da persoa, a xustiza e a política, a reflexión ética, etc.

 

4º.- A segunda lingua estranxeira é o francés. Tes que decidir entre Francés ou Cultura clásica, que se oferta en 3º e en 4º como optativa. Se cursas en 3º  Cultura clásica entón en 4º xa non a podes volver a cursar. Podes comprobalo no sobre de matrícula de 4º de ESO. 

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/MATR%C3%8DCULA%204%C2%BA%20ESO%202020.pdf

Se estiveches exento de francés en 1º e/ou en 2º de ESO, tes que coller obrigatoriamente Cultura clásica.

En cultura clásica vas estudar as raíces culturais de Grecia e Roma e a súa influencia na nosa cultura occidental nos ámbitos literario, artístico, mitolóxico, científico, sociopolítico, filosófico e lingüístico. Ademais coñecerás como o noso patrimonio cultural está relacionado coas civilizacións gregas e latina.

 

5º.- Bioloxía e xeoloxía bilingüe ou Bioloxía e xeoloxía. A diferenza entre estas materias esta en que na bilingüe os contidos impártense en inglés apoiándose do galego ou castelán. Para cursar a bilingüe non debes ter dificultades no inglés e polo menos deberas ter na nota final un 6. Os contidos son os mesmos nas dúas materias.

Se queres ter máis información contacta con Elena (elena@ieson.gal) ou con Pepe (pepe.lijo@ieson.gal).

O impreso de prematrícula despois de cubrila telemáticamente, tes que reenviala ao Instituto, segundo indica  en cada paso. Se non eres capaz, garda o impreso e o envías nun arquivo adxunto ao enderezo: ieson@ ieson.gal.

 

Moitas grazas pola túa atención.

 



EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

story | by Dr. Radut