Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Marzo 16, 2020 »
Lun

Entre os días 1 e 20 de marzo estará aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21. Enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30375

Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como os de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
 

Estimadas  familias.

1. Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horas. 

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

O alumnado e o profesorado contan con correos web e están habituados ao seu uso nas aulas virtuais do IES. O seguimento do traballo do alumnado pode facerse por medios informáticos que eles xa coñecen de usalos nas aulas. Recomendamos que o alumnado non perda o ritmo de estudo e sexa autónomo para seguir traballando.

 
As datas de avaliación han ser modificadas. A duración probable desta situación é de 14 días.


Usen esta páxina ieson.gal para informarse das instruccións oficiais da Conselleria e as autoridades. Todo o que nos envíen será publicado aquí.

Se algún alumno esqueceu o seu contrasinal pode recuperalo escribindo ao correo ieson@ieson.gal indicando o seu nome e apelidos e curso. Igualmente poden expoñer nese correo as súas dúbidas.


Moitas grazas. Temos toda a confianza na madurez do noso alumnado e da nosa comunidade educativa. Isto só será unha contrariedade que non debe afectar aos seus estudos. Todo vai ir ben.

Para información sanitaria sigan as páxinas oficiais do SERGAS e do Ministerio de Sanidade.


https://www.sergas.gal/Saude-publica/Novo-coronavirus-2019-nCoV
https://www.mscbs.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov-China/home.htm


Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut