Eventos
Reunións excursións alumnado. Nais e pais.
18:00
Estimadas familias:
O luns 11/11/2019, as 19 horas, dentro das actividades e charlas para nais e pais que organizamos coa axuda do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), estarán no Salón de Actos do IES Porto do Son Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do IES), doutoras en psicoloxía, para falarvos de "Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes"
O resumo da súa intervención é este: A adolescencia é un período de cambios e adaptación progresiva aos roles adultos. Neste proceso de maduración, os/as fillos/as poden amosar condutas problemáticas. Nesta charla interactiva trataremos de abordar estes comportamentos e presentar pautas básicas para xestionalos. Falaremos e practicaremos especialmente habilidades de comunicación e de resolución de conflitos para aplicar nas relacións entre nais/pais e fill@s.
É de interese para os vosos fillos e fillas que asistades. Moitas grazas.
(Asinade, por favor o recibo desta carta, para ter constancia de que a recibides, e que os vosos fillos e fillas a entreguen aos titores antes do luns a medio día.)
O luns pola tarde celebrouse con gran éxito, a primeira das sesións da Escola de Nais e Pais organizada polo CAFI en colaboración co IES de Porto do Son. Dúas psicólogas, Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, ofreceron pautas básicas ás nais e pais presentes para afrontar os comportamentos problemáticos dos seus fillos adolescentes. Desde o centro, damos as gracias a todos os asistentes por animarse a asistir e a participar tan activamente na charla. Agardaremos á segunda sesión en marzo.
Os Servizos Sociais do Concello do Porto do Son realizaron outro ano máis obradoiros sobre igualdade a nenas e nenos de 4ºESO e 2ºESO PMAR. Nestos obradoiros, danlle a coñecer aos nosos alumnos aspectos relacionados sobre a desigualdade de xénero existente aínda a día de hoxe como os micromachismos, e pautas para que intenten buscar unha sociedade máis xusta.
A semana pasada comezou co San Martiño e rematou co magosto. Música, baile, xogos tradicionais, paella de cogumelos de Antón e, por suposto, castañas quentiñas, que o día estaba frío. Moitas gracias a todo o mundo que colaborou para que a festa saíra tan ben como saiu, persoal de limpeza,profesores, conserxes, ANPA, e especialmente aos alumnos que estiveron traballando toda a mañá para que os seus compañeiros desfrutaran do magosto.
O alumnado de Ciclo do centro está moi activo nos últimos días. O xoves participaron no I Congreso Ibérico de Turismo Deportivo en Ourense, e o venres, recibiron a visita dun responsable de FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) para informalos da existencia de becas para poder realizar traballos en empresas.
Noa Romero Fernández, alumna de 1ºESO do noso centro, non para de dar alegrías. En taekwondo, na súa categoría, é a actual campioa de España e de Galicia; o 1 de outubro conseguiu a medalla de bronce no Campionato de Europa Cadete na categoría de menos de 33 kg, e esta fin de semana conseguiu a medalla de plata no Open de París G1 na categoría de menos de 37 kg. Parabéns!
20 de novembro de 2019: Día Universal da Infancia
25 de novembro de 2019: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Cinco alumnas de 3ºESO van participar a finais de semana, entre o 5 e o 8 de decembro, no Campionato Nacional de Orientación que se vai celebrar en Cáceres. Hoxe tivemos unha rolda de prensa no instituto onde lle explicaron aos medios como chegaron aquí e o que agardan da súa participación. Hai que agradecerlle ao concello do Porto do Son a súa colaboración, así como a ANPA do centro, e especialmente ás nais das rapazas e a profesora Alejandra que as vai acompañar, polo seu traballo de preparación nestos meses.
Moitísimos parabéns a Indra, Noa, Claudia, María e Raquel e moita sorte no Campionato.
https://www.youtube.com/watch?v=WKmUs3JvzLU&feature=youtu.be
O día de onte tivo lugar en Noia as probas de campo a través dentro do programa XOGADE. Os alumnos de 2ºESO competiron ao longo da mañá con outras nenas e nenos da comarca, polo que o 16º posto de Kevin Dean ben merece unha felicitación. Pasaron á seguinte fase un grupo de cadete feminino e outro masculino. Felicitamos aos rapaces polo seu bo comportamento e actitude na carreira.
Cinco alumnas de 3º ESO serán as únicas representantes galegas no Campionato Nacional de Orientación que se celebrará en Cáceres do 5 ao 8 de decembro.
Cinco alumnas de 3º ESO serán as únicas representantes galegas no Campionato Nacional de Orientación que se celebrará en Cáceres do 5 ao 8 de decembro.
Cinco alumnas de 3º ESO serán as únicas representantes galegas no Campionato Nacional de Orientación que se celebrará en Cáceres do 5 ao 8 de decembro.
Cinco alumnas de 3º ESO serán as únicas representantes galegas no Campionato Nacional de Orientación que se celebrará en Cáceres do 5 ao 8 de decembro.
O alumnado de 2º ESO, axudado polas profesoras Aurora e Paloma, sacou a súa vea artística e grazas a iso, podemos contar este ano con adornos de Nadal sostibles na entrada do instituto. Chapas de botellas, brochas vellas, rollos baleiros de papel hixiénico e sobre todo latas de refrescos, teñen unha segunda vida antes de ir ao contenedor do lixo. Iniciativas coma esta, por moi pequena que sexa, fai que nos concienciemos do consumo excesivo que trae consigo estas datas do Nadal. E se aínda por riba, aprendemos matemáticas, a experiencia é estupenda.
As nenas que participaron na pasada fin de semana en Cáceres no Campionato Nacional de Orientación poden estar moi contentas polo traballo feito. Tan ben feito, que incluso Raquel levou a medalla de bronce na súa categoría. Pero sobre todo, desfrutaron moito coa experiencia. Non debemos esquecer darlle as grazas a Alejandra, a profe que as adestrou para este campionato.