Skip to Content

Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes.

11/11/2019 19:00

Estimadas familias:

O luns 11/11/2019, as 19 horas, dentro das actividades e charlas para nais e pais que organizamos coa axuda do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), estarán no Salón de Actos do IES Porto do Son Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do IES), doutoras en psicoloxía, para falarvos de  "Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes"

O resumo da súa intervención é este: A adolescencia é un período de cambios e adaptación progresiva aos roles adultos. Neste proceso de maduración, os/as fillos/as poden amosar condutas problemáticas. Nesta charla interactiva trataremos de abordar estes comportamentos e presentar pautas básicas para xestionalos. Falaremos e practicaremos especialmente habilidades de comunicación e de resolución de conflitos para aplicar nas relacións entre nais/pais e fill@s.

É de interese para os vosos fillos e fillas que asistades. Moitas grazas.

 

(Asinade, por favor o recibo desta carta, para ter constancia de que a recibides, e que os vosos fillos e fillas a entreguen aos titores antes do luns a medio día.)

 


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

event | by Dr. Radut