Eventos
Xov | ||
---|---|---|
En primeiro lugar tede sempre en conta a páxina da Comisión Interuniversitaria Galega. http://ciug.gal/ Este curso dictaron unhas normas que debedes ter en conta por precaución. Link.
E este resume das datas de calendario Consultade asimesmo estes documetos.
Start: 28/06/2018 17:57
A solicitude de admisión farase vía web na aplicación ciclos admisión. O prazo de presentación de solicitudes de admisión ao ciclo remata o 3 de xullo (ás 13:00h). Pódense consultar os prazos e a distribución de prazas para ciclos en instrucións xerais do proceso de admisión. As listaxes de solicitantes e de adxudicados/as pódense consultar en listaxes. Na páxina de FP da Xunta publícase a información xeral do ciclo. Apórtase información específica do ciclo deste centro no ficheiro adxunto. Visita a nosa páxina de facebook. (O horario do centro en xullo é de 9:30h a 13:30h). Rematamos este curso 2017-2018!!. O ciclo foi moi intenso; este ano tivemos un montón de aventuras sós, acompañados doutros ciclos, con alumnado do centro... É dificil poñer palabras a todo un curso, e a unha promoción intensa, nova e responsable, así que poñemos un vídeo. Boas prácticas aos que empezan agora en xullo nas empresas!!
Interese arquitectónico Esta é a Capela do Loreto, en Porto do Son: Divide a parroquia de San Vicente de Noal e a de Santa María de Nebra. Antigamente tiña un cura propio, pero agora lévaa o cura de San Vicente de Noal. Nela celebrábase a festa do Loreto, o nove de setembro, pero, como agora vai máis xente, celébrase no merendeiro. Detrás hai un pequeno xardín, un cruceiro e unha fonte. O cruceiro mide aproximadamente 3m de alto, a base 1,50m e ten tres escaleiras. A fonte fíxose para os fregueses, e pódese beber nela. As paredes da capela son de granito, e a fachada principal ten unha porta rectangular e unha ventá encima. Interese: Paisaxístico Naturalista É un lugar con árbores, piñeiros e eucaliptos. Tamén hai pedras grandes que rodean a praia da Aguieira. O día 9 de setembro celébrase en Porto do Son, en honor á nosa Virxe, a romaría do Loreto. Congrega aproximadamente 5.000 persoas e celébrase dende hai centos de anos. Trinta anos atrás celebrábase na capela do Loreto, pero a cantidade de xente impediu que se seguise facendo alí e comezou a realizarse no merendeiro do Loreto. Nunha mesa, os participantes da comisión de festas do Carme de Porto do Son dan sardiñas e pan; e noutra venden refrescos e churrasco.
ACCESOS A única forma de acceder é camiñando dende o merendeiro do Loreto ata o EDAR. LONXITUDE 500 metros aproximadamente dende o merendeiro do Loreto. DURACIÓN Aproximadamente, 6 minutos andando. DIFICULTADE Non ten dificultade, xa que o camiño é unha pista de terra, so é conveniente levar roupa deportiva e cómoda. INTERESE DA PARADA Xeral. CONTORNO Paisaxístico No merendeiro do Loreto podes descansar baixo a sombra dos piñeiros ou tamén podes levar a túa comida para comela alí, xa que hai sobre unhas 15 mesas de pedra. Tamén se pode asar alí porque hai unhas 5 barbacoas. Durante este percorrido obsérvanse principalmente con varios tipos de piñeiros e insectos, aves e réptiles. Polo camiño atoparás piñas, pero non se deberían coller, xa que son o alimento dos esquíos.
TÍTULO DA PARADA: IES Porto do Son INTERESE DA PARADA: Paisaxístico e arquitectónico Como se chega: Dende Porto do Son ó IES hai aproximadamente uns 1,5 km. Na estrada xeral AC-550 e xusto no primeiro desvío despois da gasolineira Cepsa hai unha indicación e verás un edificio branco. Porto do Son é unha vila moi accesible, hai autobuses que chegan ata Noia e Ribeira. Porto do Son Recomendacións para facer esta ruta: Tárdase aproximadamente 1h 30 min (depende do ritmo ao que vaias). Ten un percorrido de 2’5km. Ten 7 paradas. Realízase andando, xa que é campo a través (polo que é necesario calzado cómodo). É recomendable facela dende a mañá ata pola tarde. Necesitarás comida para todo o día e auga; unha das paradas é o merendeiro. Leva:
Esta ruta non é de dificultade baixa. Interese arquitectónico Esta é a Capela do Loreto, en Porto do Son: Divide a parroquia de San Vicente de Noal e a de Santa María de Nebra. Antigamente tiña un cura propio, pero agora lévaa o cura de San Vicente de Noal. Nela celebrábase a festa do Loreto, o nove de setembro, pero, como agora vai máis xente, celébrase no merendeiro. Detrás hai un pequeno xardín, un cruceiro e unha fonte. O cruceiro mide aproximadamente 3m de alto, a base 1,50m e ten tres escaleiras. A fonte fíxose para os fregueses, e pódese beber nela. As paredes da capela son de granito, e a fachada principal ten unha porta rectangular e unha ventá encima. |