Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 12/04/2018
O departamento de Filososía organizou unha viaxe a Madrid para alumnado de 4º de ESO de Valores Éticos e Artes Escénicas. O programa é o seguinte: Xoves 12 de abril: Saída do Instituto ás 13, 30. Saída da Estación de Santiago ás 15,12. Chegada a Madrid ás 20, 20. En Metro ao Hostal. Paseo e cea nos arredores da Praza Maior. Venres Visitas turísticas: Gran Vía, Praza de Cibeles, Paseo do Prado, Neptuno, Parque do Retiro, Palacio de Oriente, Templo de Debod, Praza de España (Monumento a Cervantes), algún museo. Asistencia ao musical La llamada. Sábado Mercadillo, Roteiro polo Barrio das Letras. Saída do tren a Santiago ás 18,50.
Chegada a Santiago ás 12 da noite (volta para casa en autobús).
As mozas e os mozos de EPV e Debuxo Técnico e os seus profesores visitaron onte a Escola Politécnica Superior de Ferrol e Exponav, o Museo da Construción Naval. Foi unha xornada de orientación académica práctica e moi aproveitada na que, ademais, nos trataron moi ben! O alumnado viu a pertinencia e aplicación de moitos dos contidos que traballan nas aulas no instituto, que aquí parecen máis próximos á realidade, ás necesidades da sociedade... Parece que a saída axudou a decidir futuros estudos! Obxectivo cumprido! Volveremos o curso que vén!
|