Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
19
| 20
| 21
| 22
all day
Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos! Tan necesaria a divulgaciñon científica en galego!
all day
Aplaudimos unha vez máis a publicación de Lambda, revista de curiosidades científicas e matemáticas que nos achega Macías, profesor do departamento de Matemáticas e colaborador do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega e do equipo de Biblioteca. Démosvos a coñecer o 1º número no primeiro trimestre. Desta volta, atrénos xa no primeiro artigo un xogo que nos leva á infancia e que agora volve andar polas rúas e polas casas nas mans da rapazada: o cubo de Rubik. E hai máis, claro! a teoría de grafos, os primos de Mersenne, a tráxica vida de Evarist Galois e unha presada de divertimentos matemáticos! Tan necesaria a divulgación científica en galego!
all day
Escoitar, falar, expresar, conversar, latricar, cantar, bailar, argumentar, debater, dialogar, atender... Canto disto é preciso recuperar nunha sociedade dominada polas tecnoloxías? Os tempos, os espazos... Cantas referencias? Cantos camiños perdidos? Mais... e as canles abertas? As novas posibilidades que poden enriquecer as nosas vidas? Como vivir e convivir nesta sociedade en transformación? Onda ti! Semana Cultural da Comunicación. Unha semana na que o IES de Porto do Son estará ONDA TI. Porque...Onda ti Son, onda ti medro, onda ti sinto, onda ti aprendo...! Agradecemos a colaboración da ANPA, da Concellería de Emprego e Xuventude do Concello de Porto do Son, da Mancomunidade de Montes de Baroña e de todas e todos aqueles (ponentes, avós,profas e profes, persoal non docente e alumnado que a fará posible). Estades convidados a achegarvos polo centro! all day
Os do ciclo somos de aproveitar o que ven. Este inverno veu cargadiño de neve, asi que mochilas ó bus xunto cos ciclos de Gondomar e Arteixo, e nos desprazamos ata Pajares (Asturias). Estas saídas son complicadas de organizar, 3 institutos, 3 ciclos, con profes diferentes pero moito mais enriquecedoras para o alumnado e profes do complicada que pode ser a súa xestión. Os/as alumnos/as fixeron esqui, snown, dirixiron xogos, e intentamos que se achegaran un pouco mais o rol que lles toca, o de TÉCNICOS.
| 23
all day
O mércores 21 de marzo o Ciclo desprazouse ata Baiona para asistir ó "III Seminario sobre Didáctica do Deporte Adaptado: Vela Adaptada". Descubrimos un proxecto ben diseñado, organizado e con ilusión para persoas con diversidade funcional. Tivemos unha parte teórica, onde nos explicaron como se financiaban, tipos de embarcacións e como era o proxecto que estan a desenvolver na actualidade. Pasamos á parte práctica, onde puidemos observar en primeira fila como navegaba Cesar (participante neste proxecto). Gracias ó Monte Real Club de Yates de Baiona por este seminario, a Cesar polo seu testimonio e presencia, foi un placer velo navegar!!. Podedes ver as fotos na páxina de facebook do ciclo.
| 24
| 25
|