Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Sábado Febreiro 10, 2018
Domingo Febreiro 11, 2018
Luns Febreiro 12, 2018
Martes Febreiro 13, 2018

Aquí temos os representantes dos grupos que gañaron no festival de Entroido. Foi moi difícil a decisión para o xurado. Os disfraces estiveron moi traballados, os baliles... En todo caso, parabéns a todas e todos os participantes!!! E moitas grazas por facer que, un ano máis, este fose un estupendo día de festa! Non queremos esquecer os mozos e mozas de Artes Escénicas que animaron cos xogos, a Laura, a mellor reporteira, o xurado e, por suposto, as presentadoras de excepción: Rosalía e Soraya!!!

Aquí vos deixamos o vídeo da festa!

Mércores Febreiro 14, 2018
Luns Febreiro 19, 2018

     De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado da materia de Economía de 1º Bacharelato B, na propia aula. 

Colaboramos con Rede Espora no Día Mundial da Radio! A nosa primeira produción pública no proxecto Radio na Biblio. Podedes ler a entrada completa no blog da biblioteca.

Martes Febreiro 20, 2018

Onte o alumnado de 1º de bacharelato de Economía, aprendeu un pouco máis sobre as finanzas, o aforro, as claves dos pagamentos dende a rede... O director da oficina do Banco Santander de Boiro deulles a charla dentro do proxecto Eduemprende, da Consellería de Educación.

Venres Febreiro 23, 2018
Luns Febreiro 26, 2018

·        De 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado da materia de Economía de 1º Bacharelato B, na propia aula. 

De 10.20h a 11:10h, Ecoauditoría. Para alumnos de Cultura Científica de1º BAC e 4º da ESO. (última sesión)

Obradoiro SUBSTITUÍNDO OS TÓXICOS NO FOGAR:

  • Ás 11:10h, cos grupos de 4º ESO B e C de FQ, na súa hora de Física e Química.
  • Ás 16:20h, con 2º BAC A, na súa hora de clase de CTMA.

Xoves Marzo 01, 2018

O martes 20 de febreiro fixemos unha ruta de sendeirismo no Pindo, e o rematar visitamos a cascada do Ezaro. Foi unha actividade conxunta entre os ciclos de Arteixo, Ciclo Actividades Gondomar e Porto do Son. Non hai nada mellor como xuntarse con persoas cos mesmos intereses que ti e compartir momentos, logros, erros, aprendizaxes, ... tanto profes coma alumnos/as.

Os/as nosos/as alumnos/as fixeron de guias para os/as outros/as (aprendizaxe-servicio), unha masterclase que vale por 3, tantos como ciclos. Houbo xogos, sendeirismo, patrimonio cultural, natural que nos marca o punto de partida para a seguinte actividade...

Podedes ver un algunhas das fotos da actividade na nosa páxina de facebook: Ciclo Actividades Fisicas no Medio Natural-Porto do Son.

Nunhas semanas o alumnado da ESO terá unha carreira de orientación en Boiro, dentro do programa XOGADE da Xunta. O ciclo diseñou e levou a cabo unha sesión sobre orientación deportiva para 1º ESO. Os alumnos e alumnas de 1º fixerono moiiiiii ben, hai boa materia prima. Xa está no forno a segunda sesión que si o tempo o permite levarana a cabo o luns 12 de marzo.

Se queredes ver fotos, pinchade aqui.

Venres Marzo 02, 2018

O uso dos móbiles está instalado na vida do noso alumnado. Paralelamente ao correcto emprego da mesma, tanto na aprendizaxe como no ocio, están a darse situacións de risco. O noso labor é educar na responsibilidade. Procurar axuda para que os mozos e mozas estean informados. Tamén o profesorado e as familias. Onte estivo no centro un garda civil co alumnado de 2º e 3º de ESO. Faloulles da problemática que conlevan as redes sociais, dos perigos e dos marcos legais. 

Este é un labor de toda a comunidade educativa. As escolas. As familias. A sociedade. As institucións.

E por suposto, OS MOZOS E MOZAS han de actuar CON MADUREZ.

Venres 2  de 12:20h a 14:00h, para alumnado de 4º de ESO, mesa redonda con Montse Fajardo e Mª do Carmen Rey como mulleres transmisoras da memoria histórica. Actividade arredor da conmemoración do Día da Muller promovida polo Departamento de Historia e a Biblioteca.

Luns Marzo 05, 2018

A biblioteca leva a cabo actividades no marco do Día da Muller e o tema interdisciplinar da Comunicación (podedes ler as etradas no blog da biblioteca):

Podedes ler as entradas no noso blog.

Start: 05/03/2018

Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase  na aula con xornais.

Start: 05/03/2018

Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.

Martes Marzo 06, 2018

Mércores Marzo 07, 2018

Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase  na aula con xornais.

Start: 05/03/2018
End: 07/03/2018

Do 5 ao 7 de marzo, o alumnado do ciclo realizará unha viaxe a Pajares para realizar actividades na neve. Trátase dunha viaxe compartida cos ciclos de Arteixo e Gondomar, cos que o noso centro vén colaborando. Sairán ás 17:00h.

Hoxe, véspera do Día da Muller, deixamos colacada unha pancarta que se une ás dos cursos anteriores reclamando dereitos, denunciando inxustizas. E tamén penduramos os nosos mandís "tuneados" cos nosos "porqués" e cos nosos"para que", cos nosos berros!

Xoves Marzo 08, 2018

Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase  na aula con xornais.

8 de marzo de 2018: Día Internacional da Muller

Venres Marzo 09, 2018

Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase  na aula con xornais.

Sábado Marzo 10, 2018
Start: 05/03/2018
End: 10/03/2018

Do 5 ao 9 de marzo de 2018: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase  na aula con xornais.

Distribuir contido

by Dr. Radut