Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Mércores Xaneiro 31, 2018 »
Mér

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Obradoiro de radio para profesorado dentro do proxecto de "Radio na biblio" para o que o noso centro foi seleccionado. Imparte a docencia Javier Prado. De 16:30h a 19:30h.

 

 

 

·        

Mércores 31 de 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado de IAEE e Economía de 4º de ESO, aula Galaxia. 

Parabéns aos mozos e mozas do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Deporte Escolar! O equipo  cadete feminino a pesar das baixas quedou en terceiro lugar e  Valeria Lorenzo Olveira de 2º B  (7º posto) clasificouse para o campionato provincial a celebrar o sábado 3 de febreiro en Culleredo ( A coruña). 

 

Na Aula Galaxia, o alumnado de IAAE e de Economía de 4º de ESO recibiu a Manuel Gómez Rodríguez, director oficina do Banco Santander Noia, quen lles explicou como moverse nas operacións bancarias pola rede e como empregar as tarxetas con seguridade. Tamén os informou, entre outros temas, sobre distintas actividades do ámbito económico relacionadas co seu sector. A actividade enmárcase no programa de Eduemprende. Unha mañá ben útil!!!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut