Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Domingo Xaneiro 07, 2018

Remata o trimeste. O 20 e o 21 foron xornadas un tanto "festivas", cos ánimos das vacacións de Nadal e a relaxación (para uns máis que para outros) dos exames rematados. 

O mércores 20 os mozos e mozas de 2º de ESO fixeron unha ruta dende a praia do Dique ata o IES. Será base de traballo para distintas materias, na liña de traballo por proxectos arredor das rutas que ofrece o Concello e que se desenvolve nos primeiros niveis da ESO. Convertemos o entorno en aula-recurso. Podedes ler máis sobre esta actividade entrando aquí, na páxina dos proxectos deste espazo virtual.

O xoves 20, os rapaces e rapazas de 1º de ESO comezaron a xornada expoñendo na Sala Perseveira as súas propostas, traballadas na materia de Plástica, sobre as esculturas que han de facer para o proxecto Botellas con mensaxe, enmacardo no proxecto da Ruta da Auga de 1º de ESO, que procura a aprendizaxe partindo da reflexión sobre a sostibilidade e o traballo en equipo. A máis votada será a que realizarán para unir á Pulpusha.

 

No salón de actos, o alumnado de francés andaba enfariñado facendo biscuits de Noël, mentres as profes, Corinne e Sandra, ataviadas para a ocasión con mandil e luvas de cociña, ían dando instrucións. Divertida forma de aprender o francés no mundo da cociña. As galletas, que fornearon na cafetería, estaban boísimas!!! 

   

Houbo tamén tempo para o deporte no polideportivo antes de recoller as notas!!!

 

  

Comezamos ben o 2018. Neste Nadal confirmáronnos a aportación de Educación para os clubs de lectura: 1320 euros!!! Non está nada mal, pois, grazas a Sabela, que coordina o grupo de adultos para profes e demais membros da comunidade educativa, xestionaremos 3 clubs de lectura. Boa falta han de facer e ben veñen para aumentar os nosos fondos. O xornal La Voz de Galicia daba conta estes días da nova. Podedes ler máis na entrada do blog da biblioteca e no noso Facebook

Luns Xaneiro 08, 2018
Start: 08/01/2018

Charlas da Asociación Renacer sobre dogrodependencias:

1º ESO: Novas tecnoloxías; 2º ESO: Tabaco, alcohol e cannabis; 3º de ESO: Uso e abuso de drogas.

Cronograma:

 

 

LUNS 8

MARTES 9

MÉRCORES 10

XOVES 11

VENRES 12

8.20-9.10

1ºA

 

4ºC

4ºA

2ºA

2ºB

 

 

9.10-10.00

1ºA

4ºC

4ºA

2ºA

2ºB

 

 

10.00-10.20

R E C R E O

10.20-11.10

1ºB

4ºB

2ºD

2ºC

1ºC

 

 

11.10-12.00

1ºB

4ºB

2ºD

2ºC

1ºC

 

 

 

 

Martes Xaneiro 09, 2018

Charlas da Asociación Renacer sobre dogrodependencias:

1º ESO: Novas tecnoloxías; 2º ESO: Tabaco, alcohol e cannabis; 3º de ESO: Uso e abuso de drogas.

Cronograma:

 

 

LUNS 8

MARTES 9

MÉRCORES 10

XOVES 11

VENRES 12

8.20-9.10

1ºA

 

4ºC

4ºA

2ºA

2ºB

 

 

9.10-10.00

1ºA

4ºC

4ºA

2ºA

2ºB

 

 

10.00-10.20

R E C R E O

10.20-11.10

1ºB

4ºB

2ºD

2ºC

1ºC

 

 

11.10-12.00

1ºB

4ºB

2ºD

2ºC

1ºC

 

 

 

 

Mércores Xaneiro 10, 2018
Start: 08/01/2018
End: 10/01/2018

Charlas da Asociación Renacer sobre dogrodependencias:

1º ESO: Novas tecnoloxías; 2º ESO: Tabaco, alcohol e cannabis; 3º de ESO: Uso e abuso de drogas.

Cronograma:

 

 

LUNS 8

MARTES 9

MÉRCORES 10

XOVES 11

VENRES 12

8.20-9.10

1ºA

 

4ºC

4ºA

2ºA

2ºB

 

 

9.10-10.00

1ºA

4ºC

4ºA

2ºA

2ºB

 

 

10.00-10.20

R E C R E O

10.20-11.10

1ºB

4ºB

2ºD

2ºC

1ºC

 

 

11.10-12.00

1ºB

4ºB

2ºD

2ºC

1ºC

 

 

 

 

Xoves Xaneiro 11, 2018

Esta semana os alumnos de1º, 2º e 3º de ESO, dentro do Plan de Acción Titorial planificado polo departamento de Orientación, participaron nunhas charlas sobre adiccóns e drogodependencias, impartidas pola Asociación Antidroga Renacer de Ribeira. A temática tratada cos alumnos e alumnas de 1º xirou en torno ás Novas Tecnoloxías, incidindo no seu uso responsable en todos os ámbito. En 2º, desenvolveuse o tema de Tabaco, alcohol e cannabis así como as habilidades para a vida orientando o alumnado de cara a non ceder á presión do grupo e saber dicir "non" ante o consumo destas substancias.

Co alumnado de 4º de ESO, tratouse O uso e o abuso das drogas, expoñendo as diferenzas entre estas dúas accións. Definiuse o que é unha droga, falouse da súa clasificación e dos estados no seu consumo: tolerancia, dependencia e abstinencia. Para apoiar as explicacións mostráronse dous vídeos, entre eles a curta de animación "Nuggets”, que trata o tema do proceso aditivo dunha maneira especial e que gustou moito ao alumnado. Tamén houbo tempo para coñecer as partes nas que se divide o noso cerebro e como reaccionan ante o consumo de diferentes tipos de drogas, así como para falar sobre as adicións sen substancias (como poden ser as apostas).

 

Domingo Xaneiro 14, 2018

Parabéns a todos os alumnos e alumnas do instituto que o xoves pasado na carreira de campo a través do Loreto, no proxecto XOGADE ! Deixaron ben alto o pavillón!!! 

O equipo cadete masculino do instituto quedou primeiro e clasificouse para a fase intercomarcal. O equipo cadete feminino clasificouse en segundo lugar para a fase intercomarcal. Valeria Lorenzo Olveira de segundo da ESO gañou a carreira da categoría cadete feminino. Bravo!!!



Luns Xaneiro 15, 2018
Xoves Xaneiro 18, 2018

Para 3º de ESO, charlas do centro Quérote + sobre convivencia e relacións sociais. 

 

 

XOVES 18 XANEIRO

8.20-9.10

3ºB

9.10-10.00

3ºB



10,00-10,20

 

RECREO

10.20-11.10

3ºA

11.10-12.00

3ºA



12,00-12,20

 

RECREO

12.20-13.10

3ºC

13.10-14.00

3ºC

 

 



Esta mañá, Paula Fernández Rico, do servizo Quérote+, achegado aos centros pola Consellaría de Xuventude, traballou co alumnado de 3º de ESO o tema da CONVIVENCIA E AS RELACIÓNS SOCIAIS. A actividade forma parte do Plan de Acción Titorial e, este curso, enmárcase tamén no tema interdisciplinar do centro: A COMUNICACIÓN.

A xestión das relacións sociais, o traballo dos valores que constrúen unha sociedade xusta, o desenvolvemento de destrezas para vivir no pequeno e gran grupo, a toma de decisións... Unha formación sempre necesaria! Continuaremos favorecendo que o noso alumnado aproveite os recursos públicos que poden acompañar a súa aprendizaxe académica e persoal.

Luns Xaneiro 22, 2018

No IES queremos avanzar cara a unha xestión eficiente que mellore o uso dos recursos e conciencie o alumnado de que o planeta é finito e non se pode malgastar. Debemos consumir só o que precisamos e coidar o que temos.

O curso pasado centrámonos, coa axuda dos rapaces e Sabela, Paloma e Raúl -profesorado dos departamentos de Bioloxía, Tecnoloxía e Xeografía e Historia-, en calcular o que contaminaba o centro e tomar medidas para reducir o consumo (sobre todo de electricidade) e as emisións.

Durante este curso queremos levar a cabo unha serie de proxectos dirixidos ao mesmo obxectivo: conseguir un centro máis sostible ambientalmente. Para iso, empezamos poñendo en marcha un equipo de alumnos e alumnas que se encarga de facer pequenos arranxos: “Os aqueladores”.

       O que se pretende é que o alumnado lle dea valor ás cousas e entenda que a cultura de usar e tirar é moi prexudicial para o medio ambiente. Ademais, parécenos importante que coñezan o que custan as cousas e o seu coidado, para que promovan entre os seus compañeiros unha conciencia de colaboración para manter o centro en bo estado. No primeiro trimestre repuxéronse moitos percheiros rotos e pintáronse varias aulas de 1º e 2º da ESO. 

       Moitas grazas a Jonás Romero, Juan Manuel Sanlés, Iván Surik Maneiro, Alba Rodríguez, Sara Pouso, Natalia Cameán, Anahí González, Saray Alboreda, Noelia Iglesias, Pablo Torrado e Jorge Alcalde pola súa colaboración. Todos disfrutamos dun lugar de traballo mellor grazas a eles!

 

 

 

 

 

 

 

Martes Xaneiro 23, 2018

Dentro do PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) hoxe organizamos unha formación sobre “EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE” co Grupo de investigación SEPA-interea, a USC e Intered Galicia. A formación foi a cargo do doutor Germán Vargas. Esta é unha das liñas que vimos xa traballando no centro. Esta formación permitiranos avanzar e establecer unha canle de colaboración coa USC. 

 

Mércores Xaneiro 24, 2018

O ciclo tivo unha charla sobre "Etioloxía equina", organizada polo módulo de "Conducción de grupos a cabalo". Irene Gefaell apasionada dos cabalos, foi a responsable da charla. A xuventude non está reñida ca responsabilidade, entusiasmo, paixón polo traballo, respeto...botadelle un ollo o que fai Irene nas suas redes sociais porque merece a pena.

CONTADAS para os coles, por parte do alumnado de Artes Escénicas, na Sala Perseveira (actividade colaborativa cos centros do Concello dentro do plan de dinamización da lectura da biblioteca).

                     Mércores 24:

 

·   de 11:10h a 12:00h, Nebra e Campanario.

Venres 26:

 

·   de 11:10h a 12:00h Caamaño, Seráns, Carballosa e Queiruga.

Luns 29:

 

·   de 10:20h a 11:10h, Xuño.

Mércores 31:

 

·   de 11:10h a 12:10h, Portosín.

Venres Xaneiro 26, 2018

·       

CONTADAS para os coles, por parte do alumnado de Artes Escénicas, na Sala Perseveira (actividade colaborativa cos centros do Concello dentro do plan de dinamización da lectura da biblioteca).

                     Mércores 24:

·   de 11:10h a 12:00h, Nebra e Campanario.

Venres 26:

·   de 11:10h a 12:00h Caamaño, Seráns, Carballosa e Queiruga.

Luns 29:

·   de 10:20h a 11:10h, Xuño.

Mércores 31:

·   de 11:10h a 12:10h, Portosín.

 

 

Sábado Xaneiro 27, 2018

Este xoves,  o profesor Antonio Riguero Rodríguez, do departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da Escola Politécnica Superior  do Campus de Lugo, impartiu para o alumnado de 1º de Bacharelato e do Ciclo a charla Bosques de Galicia. A actividade enmárcase nas charlas do programa A Ponte, que pretende achegar o ámbito universitario ao alumnado dos institutos, e no Plan de Acción Titorial do centro.

 

Riguero explicou a clasificación das árbores en artificiais e naturais. As artificiais son as plantadas polo home (soutos, piñeirais, eucaliptais.. ). As que medran de seu na natureza son naturais. Entre estas últimas distinguiu as de folla caduca (carballeiras, tipos de carballos, bidueirais, faias, ameneirais…) e as de folla perenne ou sempre verdes (aciñeirais, sobrados, louredos, acevedas…). Contou tamén das especies ameazadas polas pragas e, como non, dos estragos do lume.

Unha charla ben interesante! Seguimos na intención de concienciar o alumnado na respecto da natureza.

 

 

O alumnado de 2º de Bacharelato de Bioloxía e Ciencias da Terra, seguiu este venres a "ruta do lixo" ou, como é coñecida xa no centro "a ruta da merda". Visitaron a Planta de Reciclaxe de Lousame, EDAR de Porto do Son e o vertedoiro do Enxa. Coñecer para comprender e construír un mundo máis respectuoso co medio ambiente. 

 

Luns Xaneiro 29, 2018
Start: 29/01/2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Martes Xaneiro 30, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

30 de xaneiro de 2018: Día Escolar da non Violencia e da Paz.

Mércores Xaneiro 31, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Obradoiro de radio para profesorado dentro do proxecto de "Radio na biblio" para o que o noso centro foi seleccionado. Imparte a docencia Javier Prado. De 16:30h a 19:30h.

 

 

 

·        

Mércores 31 de 11:30h a 13:00h, charla de Eduemprende para o alumnado de IAEE e Economía de 4º de ESO, aula Galaxia. 

Parabéns aos mozos e mozas do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Deporte Escolar! O equipo  cadete feminino a pesar das baixas quedou en terceiro lugar e  Valeria Lorenzo Olveira de 2º B  (7º posto) clasificouse para o campionato provincial a celebrar o sábado 3 de febreiro en Culleredo ( A coruña). 

 

Na Aula Galaxia, o alumnado de IAAE e de Economía de 4º de ESO recibiu a Manuel Gómez Rodríguez, director oficina do Banco Santander Noia, quen lles explicou como moverse nas operacións bancarias pola rede e como empregar as tarxetas con seguridade. Tamén os informou, entre outros temas, sobre distintas actividades do ámbito económico relacionadas co seu sector. A actividade enmárcase no programa de Eduemprende. Unha mañá ben útil!!!

 

Xoves Febreiro 01, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Venres Febreiro 02, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Saída cos alumnos de  4º de ESO interesados en visitar centros de Santiago que imparten ciclos formativos de FP. Nesta actividade tamén participarán algún alumnos de 3º de ESO que poden presentarse ás probas de acceso a ciclos de FP de  Grao Medio. Actividade do Plan de Acción Titorial. Departamento de Orientación.

Programa:

08:30: saída do Instituto.

09:20: visita a Centros Integrados de FP Politécnico, Compostela e/ou ao IES Lamas de Abade.

12, 50: hora de fin da actividade e saída para o Son.

 

14,00: hora prevista de chegada ao Instituto do Son para que o alumnado colla o seu  autobús. 

Sábado Febreiro 03, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Domingo Febreiro 04, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

 

 

Javier Prado, da rede de escolas pertencente ao colectivo Radio Espora, impartiu o martes 30 un obradoiro de radio para o profesorado. A primeira parte, unha introdución xeral, desenvolveuse na na biblioteca; na segunda, tras elaborar uns breves guións de programas de radio, realizamos unha clase práctica. A actividade enmárcase no proxecto Radio na Biblio, promovido dende Bibliotecas Escolares. Os 20 centros seleccionados estamos xa en marcha! 

En abril, en plena Semana Cultural, un grupo de alumnos unirase á formación. Pero antes iremos xa facendo prácticas con eles. Tentaremos atraelos cara a un recurso que, sen dúbida, lles permitirá acadar moitas das competencias de forma dinámica e motivadora. 

Seguimos adiante co tema interdisciplinar da COMUNICACIÓN

 

O alumnado de  4º de ESO interesado en ciclos formativos de FP visitou o venres pasado en Santiago os Centros Integrados de FP Politécnico, Compostela e/ou ao IES Lamas de Abade . Nesta actividade tamén participaron algúns alumnos e alumnas de 3º de ESO que poden presentarse ás probas de acceso a ciclos de FP de  Grao Medio. Actividade enmárcase no Plan de Acción Titorial e foi organizada polo Departamento de Orientación.

 

Luns Febreiro 05, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

Total de prazas reservadas: 50 + 2. Nivel: 3o ESO.

10:30 Acuario: Salas de exposicións Gratis

15:00 Domus: Salas de Exposicións Gratis

16:00 Domus: Sesión de Magnavisión

 

De 10:20h a 12:00h, ECOAUDITORÍA DE RESIDUOS, para alumnado de Cultura Científica de 1º de

bacharelato e 4º de ESO. (dúas sesións)

 

 

De 12:20h a 13:10h, Obradoiro Fabricando cousas novas, cos alumnos de 1º

 

ESO da profesora Sabela García, na súa hora de clase de Bioloxía.

Martes Febreiro 06, 2018

Do 29  de novembro ao 8 de febreiro obradoiro de crêpes para o alumnado de 1º e 2º de ESO da materia de Francés, para festexar a Candelaria (nas súas horas no salón de actos). 

De 15:30h a 18:30h, 3ª e 4ª sesións do curso EDUCAR PARA UNHA CULTURA DA SUSTENTABILIDADE dentro do plan de formación de centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut