Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Novembro 30, 2017
Start: 14/11/2017
End: 30/11/2017

Do 14 ao 30 de novembro, arredor do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, queremos poñer en valor o papel da muller. En colaboración co Concello, mostramos esta exposición da ONG HUMANA. 

 

 

 

3º de ESO, Educación afectivo-sexual, pola asociación Renacer (Consellería). Actividade do Plan de Acción Titorial. Departamento de Orientación. 

 

 

Seguimos con novas dos éxitos  dos nosos compañeiros!!! Desta volta o galardoado é Raúl Soutelo, quen, xunto con José Manuel Vázquez Lijó, vén de gañar por segunda vez o PREMIO MANUEL MURGUÍA DE ENSAIO coa obra O Son que coñeceu Ramón Caamaño

O xornal Sermos Galiza recolle a nova. Dende o IES dámoslles os parabéns polo recoñecemento ao esforzo no seu labor de investigación. O equipo de biblioteca, do que forma parte, súmase ás felicitacións e recoméndavos a lectura da súa obra As cartas do destino.

 

Domingo Decembro 03, 2017

3 de decembro de 2017: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Luns Decembro 04, 2017

Primeira Avaliación de 2º Bacharelato. 04/12/2017

Mércores Decembro 06, 2017
Xoves Decembro 07, 2017
Venres Decembro 08, 2017
Sábado Decembro 09, 2017
Domingo Decembro 10, 2017

O alumnado de 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir a unha charla sobre consecuencias da violencia de xénero, impartida por Pilar Díaz Burgos, técnica en violencia de xénero e traballadora no Centro de Recuperación Integral (CRI). Esta actividade foi promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade en colaboración cos Servizos Sociais do Concello e do Departamento de Orientación. 

A relatora expuso conceptos básicos coa finalidade de difundir sinais que permitan detectar novas formas de violencia invisible na mocidade. Mostrounos diferentes campañas de sensibilización. E, como non, subliñou a importancia da educación, eixe fundamental para reeducar as novas xeracións. 

 

Neste programa da RTVG podedes escoitala:

10 de decembro de 2017: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Martes Decembro 12, 2017

O día 5 de decembro, co motivo do Día Internacional do Voluntariado, o equipo de correspondentes xuvenís deu a coñecer o seu traballo ao resto da comunidade educativa cunha mesa informativa situada na entrada principal do IES PORTO DO SON. Os correspondentes interactuaron co resto do alumnado funcionando como antenas informativas. Esta actividade foi promovida pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) en colaboración co Departamento de Orientación (Correspondentes xuvenís). 

Seguimos cos temas da Comunicación e a Convivencia! Grazas chic@s pola vosa implicación!!!!

 

Cos enredos de exames e a ponte, aínda traemos hoxe aquí a nova: estamos entre os 20 centros seleccionados pola Consellería para participar no programa "RADIO NA BIBLIO". Xa que andamos co tema da COMUNICACIÓN, habemos facer bo uso desta oportunidade que permitirá que profesorado e alumnado nos formemos para dar pulo á PALABRA!!!

 

Martes Decembro 19, 2017
Start: 19/12/2017

Primeira avaliación ESO, 1º Bach.

Mércores Decembro 20, 2017
Start: 19/12/2017
End: 20/12/2017

Primeira avaliación ESO, 1º Bach.

Durante a mañá o alumnado de 2º de ESO realizará a ruta dende a praia do Dique ata o IES. A saída forma parte do proxecto "Botellas con mensaxe" que se desenvolve en 1º e 2º de ESO. 

Xoves Decembro 21, 2017

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Actividades de 8:20h a 11:30h
De 8:20h a 9:10h
  • O alumnado de 1º de ESO exporá aos seus compañeiros os proxectos elaborados
    en Plástica.  Sala Perseveira. 
De 9:10h a 10:15h aproximadamente o alumnado de 3º ESO A
e B de Francés fará Biscuits de Nöel  no salón de
actos.
De 9:10h a 11:30h, actividades deportivas no
polideportivo. (En 2º de bacharelato dedicirá a participación ou non). 
Entrega de notasás 11:30h.

Ás 12:00h: saída dos autobuses.

Ás 12:15h, Claustro.

As notas da 1ª avaliación, serán entregadas aos alumnos polos seus titores, o día 21/12/2017

As vacacións de Nadal comezan o 22/12/2017, venres, e rematan o 7 de xaneiro 2018

http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

Distribuir contido


by Dr. Radut