Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Domingo Novembro 05, 2017 »
Dom

Educación para a saúde, charlas da Asociación Farasa para 1º de ESO, 2º de ESO e 4º de ESO dentro do Plan de Acción Titorial.

Educación para a saúde, charlas da Asociación Faraxa para 1º de ESO, 2º de ESO e 4º de ESO dentro do Plan de Acción Titorial.

A biblioteca do centro celebra o Samaín sacando os fondos aos corredores, con curtas de medo e cun concurso de relatos de medo

 

Noia está estes días engalanada para recibir a sétima arte e nós asistimos o venres pasado como convidados á sección “Curta Cativa”, no Coliseo Noela. En colaboración con "Aldeas Infantís", que celebra este ano o seu 50 aniversario, proxectaron as curtametraxes DistintosVuelta al mundoPrincesa de hielo, e Pez, que se enmarcan dentro do programa  que permite levar a cabo a loita polos dereitos infantís “Yo también cuento”. Na mesma liña, The Box, que nos emocionou lembrándonos o problema dos nenos refuxiados que foxen da guerra de Siria. O alumnado de 2º de ESO disfrutou unha mañá de cine e valores. A saída insírese no tema interdisciplinar da Comunicación e ten especial interese para os mozos e mozas que cursan a materia de ITI, centrada neste nivel no tratamento da alfabetización audiovisual.

 

 

O alumnado de 4º de ESO visitou o venres pasado as minas de San Finx. Foi unha saída interdisciplinar organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia que complementa o traballo realizado a partir da lectura da obra Febre, de Hector Carré, ambientada na zona de Noia e Lousame na época da "febre do wolframio". Os guías mostráronlles os diferentes espazos da zona, a sala do museo e déronlles unha charla sobre a historia da mina. Hai uns anos o autor estivera no centro e, daquela, o alumnado, que tamén se desprazara a Noia e á mina, fixéralle unha entrevista ao autor na nosa biblioteca. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut