Skip to Content

Artigos

Pistas 3º e 4º

 

SOPA DE ESTRELAS

1ª PISTA

Non poderíamos pensar na astronomía moderna sen o enorme traballo de todas as mulleres que, co seu esforzo, dedicación e amor á ciencia, nos deixaron o seu legado. Todas elas contribuíron ao progreso da astronomía, pero a maioría delas foron inxustamente esquecidas pola historia. Por iso ímosvos propoñer que averigüedes quen foron as catro astrónomas que vos presentamos a continuación.

 

A primeira das nosas astrónomas naceu en Silesia, unha provincia polaca, en 1604. O seu pai instruiuna desde moi nova e aos dez anos xa falaba hebreo, grego, latín, alemán, polaco, italiano e francés, ademais de mostrar certas dotes para a pintura, a poesía e a música. Pero o que máis lle atraía era a astronomía e pola importancia que tiveron as súas táboas do ceo foi considerada a máis importante astrónoma desde a antigüidade poñéndolle o sobrenome da “segunda....”

 

_ _ _ _ _ _ _

 

 

Traballou ao lado do seu home e xunto a el observou os planetas...

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

O que a levou a publicar en 1650 a súa obra máis famosa da que algúns astrónomos da época recoñeceron publicamente a facilidade de manexo das súas táboas con respecto ás de Kepler. Cal é o título da obra mencionada?

 

_ _ _ __ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

Despois de todos estes datos que acabas de descubrir é de supoñer que xa sabes de que astrónoma estamos a falar...

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

 

2ª PISTA

A segunda astrónoma que vos propoñemos naceu en Alemaña en 1670, o seu pai e seu tío decidiron que a pequena debería ter as mesmas oportunidades que os seus irmáns varóns para estudar. Froito da súa formación, decantouse pola astronomía, disciplina á que se achegou de xeito autodidacta. O seu logro máis famoso foi o descubrimento dun cometa que por motivos obvios -o feito de ser unha muller- non puido levar o seu nome. Como é coñecido o cometa que descubriu?

_ _ _ _

 

Casou co matemático e astrónomo Gottfried Kirsch e o seu traballo en equipo dou como resultado a elaboración dun calendario moi útil para a navegación no que se precisaban as postas de sol, eclipses, a posición do sol e outros planetas e ... Que outro fenómeno astronómico aparecía nos calendarios elaborados pola nosa astrónoma?

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _



Á morte do seu home ela pediu seguir colaborando na Academia das Ciencias pero os seus compañeiros non a aceptaron pola súa condición de muller. De todos os xeitos ela conseguiu o patrocinio dun amigo da familia para seguir realizando as súas observacións desde o observatorio como como axudante do seu fillo.... Que cargo desempeñaba ela nesa institución?

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _



Gustaríame mencionar o feito de que esta muller foi obxecto de todo tipo de críticas na súa vida por dedicarse a unha actividade que na sociedade da época non era considerada propia de mulleres. Como era recoñecida polos seus logros despertou moitas envexas entre os seus colegas ata tal punto que lle aconsellaron que renunciara ao seu posto de trabajo. Pero iso non lle impediu seguir cos seus estudos ata que morreu en 1720.

Despois de todos os datos que che acabamos de proporcionar é de supoñer que xa sabes de que astrónoma estamos a falar.

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

 

3ª PISTA

A astrónoma que vos propoñemos desta vez naceu en Alemaña en 1750 pero emigrou a un país europeo onde se instalou e viviu alí ata a súa morte en 1848. De que país estamos a falar?

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

É coñecida por ter descuberto oito cometas e tres … que máis descubriu a nosa astrónoma?

 

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

Ademais revisou o catálogo estelar dun astrónomo inglés do século XVII. Quen é ese astrónomo?

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

Xa sabes de que astrónoma estamos a falar?

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

 

4ª PISTA

A derradeira asrrónoma desta serie de pistas naceu en 1818, morreu en 1889 e está considerada a primeira astrónoma do seu país. En que país naceu e viveu a nosa protagonista?

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

Unha das súas contribucións máis importantes foi o descubrimento dun astro que leva o seu nome. De que corpo celeste estamos a falar?

 

_ _ _ _ _ _

 

 

 

Defendía a idea de que as mulleres están especialmente dotadas para as observacións e os cálculos tediosos idea que inspirou a un profesor da Universidade de Harvard a reunir a 21 mulleres para realizar unha clasificación e catalogación de todas as estrelas ata a novena magnitude. Como se chamaba ese grupo de mulleres que traballaban co profesor mencionado?

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

Despois de todos estes datos que che acabamos de proporcionar estarás xa en condicións de dicirnos de que astrónoma se trata.

 

 

_ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 



by Dr. Radut