Alumnado e familias
ENTREGA NOTAS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E PERIODO DE RECLAMACIÓNS
2º BACHARELATO
Publicación de cualificacións: xoves 3 de setembro ás 11:00 horas (AbalarMóbil)
Revisión de exames: cita previa a través do correo ies.pinomanso@edu.xunta.gal
Fin periodo reclamacións: venres 4 de setembro ás 14:00 h
ESO, 1º BACHARELATO, FP 1
Publicación de cualificacións: venres 4 de setembro ás 14:00 horas (AbalarMóbil)
Revisión de exames: cita previa a través do correo ies.pinomanso@edu.xunta.gal
Fin periodo reclamacións: martes 8 de setembro ás 14:00 h
NOVA INFORMACIÓN RELATIVA AO INICIO DE CURSO 2020-2021
Onte, luns 31 de agosto, ás 18:00 publicaron información referida ao calendario de inicio de curso e as novas instrucións referidas á adaptación ao contexto COVID dos centros educativos para o curso 2020/2021. Neste momento estamos traballando sobre estas novas indicacións, aínda que nestas datas é prioritario a realización das probas extraordinarias con todas as garantías sanitarias. Terémolos informados das decisións que vaiamos tomando.
Estes son os enlaces ás novas informacións:
INFORMACIÓN RELATIVA AO INICIO DE CURSO 2020-2021
Estimados integrantes da nosa comunidade educativa:
Todo o equipo docente do IES Pino Manso comparte con vostedes as inquedanzas que senten ante o inminente comezo de curso.
Como seguramente coñecerán, o pasado xoves, día 27 de agosto, o Ministerio de Educación mantivo unha xuntanza con todos as Consellerías do ramo; nesa reunión acordáronse vinte e tres medidas, que son de obrigado cumprimento, e cinco recomendacións. Estamos á espera de que a Xunta de Galicia publique o novo Protocolo que dea resposta á Orde publicada polo Ministerio, a cal a nosa Consellería de Educación asinou.
Se non hai ningunha nova disposición no novo Protocolo que marcará a Xunta -a data que nos confirmaron dende Inspección Educativa é que esta se publicaría o próximo día 7 de setembro- as clases comezarán o día 16 de setembro.
O alumnado será convocado, segundo o nivel no que se encontre, a unha hora determinada. Nesa xornada só recibirán indicacións relativas ao horario, porta de acceso e de saída que deberán empregar, medidas de prevención que deben cumprir... etc.
Coincidimos con vostedes en que esta información que lles estamos ofrecendo lles resulte insuficiente; gustaríanos poder ampliala e tamén que esta fose máis concreta, pero os recentes acordos do Ministerio alteraron algunhas das indicacións do Protocolo que a Xunta publicou o pasado 22 de xullo. Esperamos instrucións máis concretas que, a día 31 de agosto, aínda non recibimos.
Solicitámoslles que estean pendentes da páxina web do noso centro. Esta será a canle para recibir a información; tamén empregaremos a aplicación Abalar Móbil para avisar, previamente, das publicacións que vaiamos realizando.
Atentamente,
Rosa María Fernández Calvo
Directora.
IES Pino Manso
Programacións Didácticas dos distintos departamentos segundo a resolución do 26 de maio de 2022, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no curso académico 2022/2023 . Tamén se contemplan as variacións derivadas da orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia:
(Clickar enriba do nome de cada departamento para acceder á programación en PDF)
Economía / Iniciativa á Actividade Emprendedora
Educación Plástica Visual e Audiovisual
Educación Plástica e Audiovisual LOMLOE
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10