Bacharelato

CHARLA PROGRAMA A PONTE

2019-03-15 16:38
Europe/Madrid

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu á charla titulada "Coñecemos os números?", do programa A Ponte da USC, ofertada pola facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

VISITA EXPOSICIÓN

2019-03-12 14:08
Europe/Madrid

O alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato visitou o luns 11 de marzo a exposición "Debuxos e pinturas inéditas de Antonio Palacios", no Centro Cultural Municipal do Porriño.

 

VISITA Á UNIVERSIDADE DE VIGO

2019-02-15 09:59
Europe/Madrid

O alumnado de 1º Bacharelato fixeron unha visita á Universidade de Vigo, organizada polo departamento de Orientación do centro.

VISITA Á USC

2019-02-14 12:19
Europe/Madrid

O alumnao de 1º de Bacharelato realizou unha visita á Universidade de Santiago de Compostela e ao Museo de historia natural. Esta saída foi organizada polo departamento de Orientación do centro. 

EXPOSICIÓNS DO TALLER DE FRANCÉS DE 1º DE BACHARELATO

2018-12-19 17:14
Europe/Madrid
 
O alumnado do Taller de francés de 1º de Bac realizou exposicións ao longo de todo o trimestre. Proxectan vídeos dirixidos, concebidos e guionizados por eles, en grupo ou individualmente, na biblioteca narrando en francés informacións de Rexión Parisina, Bretaña, Normadía, Occitanía, Ródano-Alpes, Alsacia e Lorena.
Como broche final, levan unha mostra culinaria típica da rexión que lles tocou explicar para compartir e degustar cos seus compañeiros pratos rexionais representativos da xeografía francesa.
 
 
 
 

VISITA Á FACULTADE DE QUÍMICA

2018-10-30 13:27
Europe/Madrid

Alumnado de 2º de Bacharelato, acompañado da súa profesora Rosa Carballido, na visita o día 30 de outubro á facultade de Químicas en Vigo

 

Distribuir contido