Bacharelato
MURAL MURO NORTE
Xa está rematado o mural do muro norte! E loce así de bonito...
Moitas grazas a Juan Carlos e ao seu alumnado de Debuxo Artístico de 1º de Bacharelato.
CHARLA DONACIÓN
O alumnado de 1º de BAC recibiu unha charla sobre donación e transplantes por parte da AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE.
INFORMACIÓN ALUMNADO BACHARELATO
Esta semana o alumnado recibiu información de Inxeñería de Caminos, da Universidade da Coruña e das Forzas Armadas.,
SAÍDA CAUREL ANCARES
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organizou a saída para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato, os días 10, 11 e 12 de abril.
CHARLA ABAU
O martes 9 de abril o alumnado de 2º de Bacharelato recibiu unha charla sobre as Probas ABAU, impartida por Iván Carlos Area Carracedo (Delegado do Reitor na CIUG).
FRIDAYS FOR FUTURE
FRIDAYS FOR FUTURE: 15 DE MARZO
Ás 12, no patio do instituto, secundamos o paro convocado, facendo lectura do discurso de Greta Thunberg ante o presidente da ONU. Dita lectura foi acompañada polo son do acordeón de Raúl Francés.
Unha representación do alumnado, de 2º de Bacharelato, achegouse acompañada por un profesor do centro á concentración diante do Concello.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »