Bacharelato

XORNADAS PORTAS ABERTAS UVIGO

Os días 24 e 25 e maio en horario de 16:00 a 19:00 horas terán lugar as Xornadas de Portas Abertas da Universidade de Vigo. Nelas teredes a oportunidade de escoitar a responsables das diferentes facultades e escolas da Uvigo explicando as principais características das titulacións ofertadas para o curso 21-22.

No seguinte enlace tedes o díptico coa programación proposta: Xornadas Portas Abertas

Dentro de cada área de coñecemento hai unha sala onde vai ter lugar a videoconferencia, tedes que cliclar aí para acceder e poñer a clave que se vos indica para cada sala.

VISITA EXPOSICIÓN DE PINTURA

O alumnado de Debuxo Artístico visitou a exposición de pintura "Texturas dunha guerra invisible" de Galia Baba, ex-alumna do centro. Grazas, Galia, polas túas explicacións e noraboa polo teu traballo!!!! 

 

Podedes visitar a exposición ata o 24 de abril no Centro Cultural do Porriño.

Distribuir contido