Bacharelato

De visita ao Museo do Prado

 

O próximo 10 de febreiro o alumnado de 1º Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades  poderá disfrutar da exposición do Hermitage que acolle temporalmente o Museo do Prado en Madrid ata o día 26 de marzo. Tamén poderán botarlle unha ollada as obras de El Greco, Velázquez e Goya.

Esta saída está organizada polo Departamento de Xeografía e Historia. Máis información no blogue da profesora que imparte Historia da Arte destes niveis: + Historia con Mercedes.

Charla da Universidade de Santiago

O próximo mércores 25 de xaneiro a partir das 12.50 o alumnado de 2º Bacharelato asistirá á unha charla informativa sobre a Universidade impartida por D. Alberto J. Bugarín Diz do departamento de Electrónica e Computación da Facultade de Física.

Becas Europa 2012

Comeza VII Edición deste programa Impulsada pola Universidade Francisco de Vitoria e a Fundación Botín para premiar aqueles alumnos e alumnas que actualmente cursen 2º Bacharelato e teñan pensado continuar os seus estudios na universidade. As candidaturas pódense presentar ata o 12 de decembro ao director. Para máis información do proceso, consultar nesta ligazón.

Escola de Minas

O alumnado que cursa a modalidade científico técnica de 2º Bacharelato co motivo da Semana da Ciencia asistirán a unha charla na Escola de Minas no CUVI, hoxe das 16,30 ás 19,30.

Primeira saída do curso

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e ENDL ten programada unha saída para os grupos de 1º Bacharelato o venres 28 de outubro, desde as 9,30 ata as 13,30. Os grupos asistirán a unha proxección de cine en galego nos cines Yelmo. Tratase da película de Iciar Bollaín E tamén a chuvia. Despois, habera un debate en torno a ela.

Información sobre a película

Despedida ao alumnado de 2º Bacharelato

Hoxe, venres 27, ás 20,30 no Salón de Actos terá lugar a entrega de orlas e despedida do alumnado de 2º Bacharelato á que quedades invitados todos os familiares.

Distribuir contido