Bacharelato
Visita do alumnado de 1º e 2º de bacharelato ás facultades da USC
ALUMNAS DO IES PINO MANSO NA USC
O mércores, 25 de novembro de 2015, as alumnas de 2º de bacharelato de Humanidades realizaron unha viaxe a Santiago para coñecer as facultades de Historia, Periodismo, Filoloxía, Dereito, etc. Este tipo de saídas didácticas permite establecer pontes entre o ensino secundario e o universitario.
FUTUR@S INVESTIGADOR@S NA FACULTADE DE QUÍMICA DO CAMPUS DE VIGO
O alumnado de 2º bacharelato da modalidade Científica-tecnolóxica, visitaron a facultade de Química ubicada no Campus de Vigo acompañados das súas profesoreas Rosa Carballido e Mª José López. Unha xornada que permitiu establecer unha ponte entre os estudantes de bacharelato e a universidade que cada vez está máis próxima.
NADAL 2015 PARA TOD@S
O alumnado de 2º de bacharelato, un ano máis, foi exemplo de solidariedade ao colaborar
coa organización "Cooperación Internacional de Galicia" na recollida de alimentos.
Noraboa a tod@s!
Actividades do departamento de Orientación
Próximas actividades de Orientación no instituto:
-A Escola de pilotos de A Coruña impartirá unha charla o xoves 18 de abril ao alumnado interesado de 2º Bach.
- Charla da EFA As Cancelas de As Neves o mércores 15 de maio a 5º hora para os grupos de 4º ESO e 2º do PCPI.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »