Bacharelato

Saída de Ciencias da Terra ao Courel

Mais fotos na seguinte GALERÍA do pasado 20, 21 e 22 de marzo.

Obradoiro de Cultura Inglesa

2013-01-25 11:40
2013-01-25 13:20
Europe/Brussels

No salón de actos para o alumnado de 1º Bacharelato( 4ª hora) e 2º Bacharelato(5ª hora).

Recollida de alimentos

A organización SOS Porriño, a través de Benestar Social do Concello de nosa vila  e o departamento de Relixión do centro, organiza unha campaña de recollida de alimentos non perecederos a través dos centros educativos ata o luns 16 de decembro. Preferentemente recollense leite, cacao, galletas e cerais.

No espazo da conserxería tedes habilitada unha caixa para deixar as vosas aportacións.

Tamén podedes colaborar ao longo do ano aportando alimentos na súa sede (rúa Domingo en el barrio de A Pontenova, os mércores e venres en horario de 17.00 ás 19.00 horas) ou coma voluntarios. sosporrino@concellodoporrino.net

Visita didáctica a Santiago de Compostela

O día 4 de decembro o alumnado da opción Historia da Arte de 2º Bacharelato C visitou a catedral de Santiago de Compostela(tellados e interior) e a Cidade da Cultura(exposición de códices medievais, Gallaecia petrea e entorna).

Na cidade da Cultura

Saída Departamento de Educación Física

Hoxe xoves 8 de marzo, o alumnado de 2º Bacharelato A e B ten programada unha saída didáctica á Costa da Vela, organizada polo departamento de E. Física. Ao longo do día realizarán unha ruta de sendeirismo e poderán disfrutar das fermosas vistas da ría de Pontevedra desde o Cabo Home. Toda a información, coma sempre, no blogue do departamento.

Excursión a Diverlanhoso

O xoves 2 de febreiro ao longo do día os grupos de 4º ESO e 1º Bacharelato teñen unha saída ao parque de aventuras Diverlanhoso en Portugal . Toda a información no blogue de Educación Física.

Distribuir contido