Orientación
Probas de clasificación de Escolas Oficiais de Idiomas (curso 2010/2011)
O alumnado que teña coñecementos previos dun idioma e desexe matricularse nunha Escola Oficial de Idiomas para cursar, na modalidade presencial, un curso distinto a 1º, deberá realizar unha proba de clasificación, coa que poderá ter acceso directo a calquera dos cursos dese idioma.
O prazo de inscripción a estas proba é do 1 ó 8 de xuño de 2010.
As probas de clasificación constan dunha parte escrita e dunha parte de comprensión e expresión oral e serán administradas en 2 sesións distintas, sendo a Escola Oficial de Idiomas que estableza o calendario das probas orais.
As partes escritas terán lugar entre o día 10 e o 17 de xuño de 2010.
Unha vez que se publique o resultado das probas, o alumnado deberá realizar a correspondente preinscrición no curso e nivel segundo o resultado das mesmas.
A superación das probas de clasificación terá unha vixencia de 2 cursos académicos para os efectos de formalización de matrícula oficial.
NON poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado que xa cursara estudos presenciais nunha EOI no curso 2008/2009 ou 2009/2010.
Probas de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño e ensinanzas superiores de deseño (curso 2010/2011)
ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO
As persoas interesadas deben inscribirse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia.
Ciclos medios: ata o 15 de xuño de 2010.
Ciclos superiores: ata o 23 de xuño de 2010.
As probas de acceso a ciclos medios realizaranse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño nos días que se indican a continuación:
Proba de madureza (para os aspirantes que non cumpran requisitos académicos): 1 de setembro de 2010.
Proba específica: 2 de setembro de 2010.
As probas de acceso a ciclos superiores realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días que se indican a continuación:
Proba de madureza (para os aspirantes que non cumpran requisitos académicos): 28 de xuño de 2010.
Proba específica: 7 de xullo de 2010.
ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO
As persoas interesadas deben inscribirse nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia e terán de prazo ata o 23 de xuño de 2010.
As probas de acceso ás ensinanzas superiores de deseño realizaranse na Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, en Santiago de Compostela, nos días que se indican a continuación:
Proba de madureza (para os aspirantes que non cumpran requisitos académicos): 29 de xuño de 2010.
Proba específica: 6 de xullo de 2010.
Procedemento para solicitar axudas do Ministerio de Educación
MOI IMPORTANTE!
Para poder solicitar unha axuda do Ministerio de Educación, para o próximo curso, deberás rexistrarte previamente na páxina:
Os pasos a realizar son:
1. Realizar o rexistro en:
https://sede.educacion.gob.es/tramite/
O PRAZO para realizar o rexistro é durante os meses de MAIO e XUÑO.
2. Conservar o nome de usuario e a clave.
3. Realizar a solicitude de bolsa cando abra o prazo, enchendo o formulario no mesmo enderezo.
MÁIS INFORMACIÓN:
https://sede.educacion.gob.es/tablon-anuncios/uso-tramites.html
Tlf: 915505957
Achégase a selectividade 2010...
Dada a proximidade das probas de acceso á universidade e as novidades que presentan este ano, o departamento de orientación elaborou uns documentos que tentan guiar no proceso.
-Cadro resumo da nova selectividade (materias ás que me teño que presentar, como se puntúan, que hai que facer para que revisen o meu exame...).
-Guía de acceso á universidade (datas máis importantes do proceso, condicións de matrícula...)
Centros Residenciais Docentes 2010/2011
Convócanse prazas nos Centros Residenciais Docentes para realizar estudos de Bacharelato ou Ciclos Formativos, no curso 2010/2011.
O prazo ordinario para presentar solicitudes é de 1 mes contado a partir do 12 de maio.
Para máis información acerca da convocatoria, visita o BLOG DE ORIENTACIÓN (http://orientacionpedradaauga.blogspot.com).
Probas libres para a obtención do título da ESO para maiores de 18 anos
O prazo de matrículación é do 18-28 de maio para a proba de xuño e do 1-3 setembro, para a proba de setembro.
As probas na provincia de Pontevedra pódense realizar en:
-Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, Vigo.
-Centro EPA Río Lérez, avda. de Buenos Aires, s/n, Pontevedra.
Para máis información, visita o blogue de orientación ou consulta o documento do DOG:
Lugares de realización das probas de acceso a ciclos de grao medio
O día 4 de xuño terán lugar, no IES Pedra da Auga, as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio, para o alumnado de:
-IES Pedra da Auga.
-IES da Cañiza.
-IES Pazo da Mercé.
-IES Salvaterra de Miño.
-CIFP A Granxa.
Lembramos que, para facer o exame, é necesario traer o DNI e a copia da solicitude de inscripción ás probas.
Colección de libros "ELIGE TU FUTURO"
Infoempleo.com elabora todos os anos unha recopilación de estudos universitarios así como de formación profesional, artes plásticas e deseño.
As carreiras universitarias atópanse organizadas en función das áreas de coñecemento (Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas; Humanidades e Ensinanzas Artísticas; Ciencias Experimentais e da Saúde; Enxeñarías e Arquitectura).
Podes acceder ás versións electrónicas destas publicacións nos seguintes enlaces:
http://content.yudu.com/publishing/Library/Ar9mm/EligetuFuturoLibro1 (Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas)
http://publishing.yudu.com/Library/Arhc7/EligetuFuturoLibro2 (Humanidades e Ensinanzas Artísticas)
http://publishing.yudu.com/Library/Arhc9/EligetuFuturoLibro3 (Ciencias experimentais e da saúde)
VISITA O BLOGUE DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN!
...Nel podes atopar información de convocatorias, bolsas, saídas profesionais, tipos de estudos, busca de emprego e outras noticias de interese.
A dirección do blogue é:
http://orientacionpedradaauga.blogspot.com/
Tamén podes realizar as túas consultas na dirección de correo electrónico:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17