Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

ROTEIRO "A ESMORGA"

O pasado dia 10, venres, o alumnado de 4º da ESO, xunto con dous profesores do departamento de galego,  Francisco Suárez Benito e MªLuisa Méijome Quinteiro, fixeron o roteiro literario da novela de  Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga".

A cita era ás 10:30 da mañán onda a fonte das Burgas. O guía, que era posto pola concelleria de educación e cultura do concello de Ourense,  nos preguntou se leran a novela e , en función diso, comenzamos o roteiro.

Parabámonos en cada lugar onde, supostamente, os tres famosos esmorgantes paraban para facer as falcatruadas que tiveron tan tráxico final. En cada dun destes lugares hai unha placa de cerámica cun fragmento da novela que o guía mandaba ler en voz alta a un voluntario ou voluntaria. Despóis desta lectura, facía unha pequenha explicación e ilustrábao  con fotografías antigas da cidade de Ourense. Ademáis, como os nosos estudantes tamén visualizaron a película dirixida por Ignacio Vilar baseada na citada novela, tamén lles indicou algúns lugares onde foron rodadeas varias esceas.

Os rapaces disfrutaron dun día nesta fermosa cidade e ademáis remataron a mañá cun cálido baño nas termas de da Chuvasqueira.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

DIA DOS ENAMORADOS

Para conmemorar o dia de San Valentín e para demostrar que o galego tamén é propicio- como calquera outra lingua- para manifestar o noso amor, no só o amor romántico senón tamen o amor a un irmán, pai, nai... o noso centro, dende o equipo de normalización lingüística e en colaboración cos departamentos de plástica e de galego preparamos un gran corazón que levaba  o título de "Galego, lingua de amor"  no que o alumnado da ESO, mediante pos-its de distintas cores (unha para cada curso) escribiron unha frase curta de amor. As frases eran de carácter anónimo.

INTERCAMBIO TUAN-PONTEAREAS

Onte, luns 13 de febreiro chegou o esperado grupo de irlandeses/as do proxecto ERASMUS+. No concello de Ponteareas se lles fixo un acto de benvida e fumos todos a xantar no centro social. Teñen por diante unha semana chea de actividades e visitas. De momento vos deixamos imaxes da chegada e benvida que lles fixemos no IES Pedra da Auga e da actividade de conversa que tivo lugar o mesmo luns pola tarde có alumnado de 4ºESO e de 2º ESO.

Preme na imaxe para acceder á galería.

O

O dia seguinte, tamén no noso centro,  estiveron participando nunha actividade organizada por o equipo da Augateca, a nosa biblilteca,dirixidos polas profesoras Gloria Iglesias e Mª Dolores Pardo sobre os petroglifos galegos e irlandeses que forma parte da finalidade artísitica que este proxecto ERASMUS+ ten este primeiro ano.

Para coñecer todas as actividades que se fixeron durante a estancia dos irlandeses en Ponteareas, podedes visitar o blog http://tuamponteareas.blogspot.com.es/2017_02_01_archive.html

2º DE BACHARELATO VISITA A USC

O mércores, 8 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato participou na visita guiada que a Universidade de Santiago organiza tódolos anos para que alumnos e alumnas de  Galicia coñezan as dependencias e o funcionamento da Universidade. Durante a mañán foron por gupos  ás diferentes facultades segundo os intereses académicos e pola tarde visitaron todos xuntos o Patrimonio Histórico da UCS.

Preme na imaxe para ver a galería.

VISITA DO CICLO DE ELECTRICIDADE AO IES POLITÉCNICO DE SANTIAGO

O alumnado e profesorado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Instalaciones Elécricas e Automáticas visitaron as instalacións do CIFP Politécnico de Santiago para coñecer o funcionamento do centro de transformación e a aula do fogar dixital-

Preme na imaxe para ver a galería.

DE LEIRA CO CASTELAO

O dia 26 de xaneiro o alumnado de 3ºESO e 1º de Bacharelato asistiron á representación teatral da obra "De leira co Castelao" , actividade organizada polo Concello de Ponteareas para conmemorar o aniversario do nacemento do escritor galego. O acto tivo lugar no Auditorio Reveriano Soutullo e ó rematar poideron participar nun coloquio e visitar unha exposición sobre o humorismo de Castelao.

 

 

 

VISITA Ó MERCADO

O alumnado que cursa a materia de hábitos saúdables de 2º ESO e o de 3º PMAR visitaron onte o mercado de Ponteareas acompañados das profesoras Begoña Outomuro e Purificación Pardo. Estiveron coñecendo os productos propios da nosa comunidade, aprenderon o nome dos  distintos peixes, e mesmo foron capaces de facer una boa lista da compra. O persoal do mercado antendeu con moita paciencia e dedicación ás cuestións plantexadeas. Á volta  fixeron unha exposición cos traballos realizados a partir da visita.

 

verduras

Preme no enlace para acceder á galería.

http://photopeach.com/album/149pr23

MOULIN ROUGE

O alumnado de francés do IES Pedra da Auga asistiu á representación da obra"Moulin Rouge" a cargo do grupo de teatro La Boheme. Grazas a esta obra poidimos saber un pouco máis sobre a historia deste cabaret e personaxes relacionados con el dun xeito moi didáctico que nos fixo pasar moi bos momentos.

 

http://photopeach.com/album/16uvvum

DIA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO

Un grupo de alumnos/as de primeiro de bacharelato acudiron en representacion do noso centro á celebración dos actos organizados polo concello de Ponteareas para a conmemoración do día internacional da non violencia de xénero. Nestos actos, celebrados no salón de plenos, poideron disfrutar de pezas musicais interpretadas polo alumnado do Conservatorio de Música, escoitar o manifesto lido por un alumno e unha alumna de IES Ponteareas e un poema recitado por duas alumnas do IES Val de Tea. Do IES Pedra da Auga, actuaron Yeray  Vazquez Dominguez que compuso e interpretou un rap acompañando da guitarra de Simón Teijeiro Velasco e ilustrado con dibuxos feitos por Iria Fernández Groba.

http://photopeach.com/album/r62yap

ELECCIONS PARA O CONSELLO ESCOLAR

O Consello escolar é un órgano colexiado de goberno e participación dos diferentes membros da comuniddade educativa (pais,nais, profesorado, alumnado e persoal non docente) do instituto. É moi importante que todos os sectores estean representados nel. Por iso  é convinte  que presentedes as vosas candidaturas. ANIMO!!!!

No ficheiro adxunto podedes consular as datas do proceso electoral.

Distribuir contido