Saltar navegación.
Inicio

INTERCAMBIO TUAN-PONTEAREAS

Onte, luns 13 de febreiro chegou o esperado grupo de irlandeses/as do proxecto ERASMUS+. No concello de Ponteareas se lles fixo un acto de benvida e fumos todos a xantar no centro social. Teñen por diante unha semana chea de actividades e visitas. De momento vos deixamos imaxes da chegada e benvida que lles fixemos no IES Pedra da Auga e da actividade de conversa que tivo lugar o mesmo luns pola tarde có alumnado de 4ºESO e de 2º ESO.

Preme na imaxe para acceder á galería.

O

O dia seguinte, tamén no noso centro,  estiveron participando nunha actividade organizada por o equipo da Augateca, a nosa biblilteca,dirixidos polas profesoras Gloria Iglesias e Mª Dolores Pardo sobre os petroglifos galegos e irlandeses que forma parte da finalidade artísitica que este proxecto ERASMUS+ ten este primeiro ano.

Para coñecer todas as actividades que se fixeron durante a estancia dos irlandeses en Ponteareas, podedes visitar o blog http://tuamponteareas.blogspot.com.es/2017_02_01_archive.html

AdxuntoTamaño
IMG_2383.JPG30.5 KB