Saltar navegación.
Inicio

ROTEIRO "A ESMORGA"

O pasado dia 10, venres, o alumnado de 4º da ESO, xunto con dous profesores do departamento de galego,  Francisco Suárez Benito e MªLuisa Méijome Quinteiro, fixeron o roteiro literario da novela de  Eduardo Blanco Amor, "A Esmorga".

A cita era ás 10:30 da mañán onda a fonte das Burgas. O guía, que era posto pola concelleria de educación e cultura do concello de Ourense,  nos preguntou se leran a novela e , en función diso, comenzamos o roteiro.

Parabámonos en cada lugar onde, supostamente, os tres famosos esmorgantes paraban para facer as falcatruadas que tiveron tan tráxico final. En cada dun destes lugares hai unha placa de cerámica cun fragmento da novela que o guía mandaba ler en voz alta a un voluntario ou voluntaria. Despóis desta lectura, facía unha pequenha explicación e ilustrábao  con fotografías antigas da cidade de Ourense. Ademáis, como os nosos estudantes tamén visualizaron a película dirixida por Ignacio Vilar baseada na citada novela, tamén lles indicou algúns lugares onde foron rodadeas varias esceas.

Os rapaces disfrutaron dun día nesta fermosa cidade e ademáis remataron a mañá cun cálido baño nas termas de da Chuvasqueira.

Preme na imaxe para acceder á galería.

 

AdxuntoTamaño
IMG_4510.JPG653.65 KB