Saltar navegación.
Inicio

Taboleiro

ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE

Estas son as actividades que tiveron os alumnos e alumnas do centro o pasado 7 de abril, último día antes das vacacións de Semana Santa.

1º e 2º de ESO asistiron a unha charla coloquio sobre a vespa asiática ou vespa velutina, na que aprenderon a facer trampas para apresar ás reinas antes de que fagan o seu niño.

3º e 4º de ESO e FP Básica, pola súa parte, estiveron na charla que deron as voluntarias de OS BISBARDOS; a Asociación Protectora de animais na que, con proxeccións de fotos e vídeos poideron ver de cerca a actividade que alí realizan.

Preme aquí para acceder á galería.

Finalmente o alumnado de Bacharelato se reuniu có poeta, microletatista e músico Manolo Marcos. A actividade foi  organizada por a AUGATECA e neste enlace podedes saber máis de cómo transcurriu.

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS

O alumnado de 4ºESO participaron o xoves 16 de marzo nun obradoiro de portugués no salón de actos do instituto. A actividade, organizada polo departamento de Normalización Lingüística, tiña como finalidade coñecer a cultura do noso país veciño e sobretodo identificar as linguas portuguesa e galega como procedentes das mesmas raíces.

Imaxes

TEATRO GRECOLATINO

Como xa é tradición, o alumnado de Latín , Grego e Cultura Clásica, asistiú onte ó festival de teatro grecolatino en Ourense. A xornada estivo moi repleta de actividades. Pola mañán foron a representación de Hecuba, traxedia de Eurípides maxistralmente interpretada e ambientada por o grupo de teatro Noite de Bohemia, que pola tarde representaron a comedia Pseudolus, ao ritmo da música de QUEEN. Tamén poideron visitar o centro de interpretación de "As Burgas" e a parte Romana do Musero de Ourense.

Preme na imaxe para acceder á galería

 

  Este ano 2022-2023 iremos ao teatro Grecolatino en Tui no mes de marzo. 

DIA DA MULLER

Conmemoramos no IES Pedra da Auga o 8 de marzo, Día da Muller, participando no paro internacional convocado en 46 países para denunciar o desigual reparto do empleo e a violencia de xénero. A profesora Pilar Ferreiro elaboróu un manifesto que foi presentado e repartido entre os asistentes.

 

Ademáis os alumnos e alumnas de 2º da ESO baixo a dirección de Victoria Martíns, a profesora de ciencias sociais fixeron un estudo a base de fotografías antigas de mulleres galegas traballando en diferentes ámbitos da sociedade sobre a implicación da muller na vida laboral.

 

 

A presentación se proxectou durante toda a mañá na entrada do instituto.

ESTUDO DUN ECOSISTEMA ACUÁTICO

O alumnado de 1º ESO  acompañado das profesoras de ciencias, Puri Pardo e Bea Fervenza, e do profesor Paco Suárez, fixeron onte unha saída moi interesante ó río Tea. Tiveron ocasión de facer un estudo sobre a auga do río e o seu grao de contaminación, a fauna e a flora do medio que quedou reflexado nun caderno elaborado para a ocasión. A choiva destes días pasados respetou o momento da excursión e disfrutaron moito.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Relación de vacantes para o vindeiro curso 2017/18

Aberto o prazo de solicitude de admisión para novo alumnado de cara ao curso 2017/18.

Este prazo abrangue ata o día 20 de marzo.

Pode consultar nesta ligazón a dispoñibilidade de prazas.

24 DE FEBREIRO: ANTROIDO E DÍA DE ROSALÍA

"O mar" foi o tema do Entroido no noso instituto e o centro encheuse de piratas, mariñeiros, sireas e bañistas para celebralo. O xurado composto por o profesor Juan Abalde, as alumnas de 2º de bacharelato Brenda Soto e Naila Suárez e os alumnos Fran Cobelo de 2º CS Administración e Finanzas e Antonio Piñeira de 2º CM de Xestión Administrativa, decidiu otorgar o seguintes premios:

1º Premio compartido: Os Ponys ( 3º ESO A E PMAR) e As pandas do Caribe (4º ESO B)

2º Premio: Os Parkicarnios (2ºESO B)

3º Premio compartido: Os peixes gordos (1ºESO B) e Os refrescos (4ºESO A)

O festival foi maxistralmente presentado por Adriandna Vázquez e Eva Álvarez, alumnas de 2º CM de Xestión Administrativa.

Preme na imaxe para acceder á galería.

Aquí tedes mais enlaces de fotografías:

https://photopeach.com/album/dw9pn0

https://photopeach.com/album/t88mty

https://photopeach.com/album/xh3m11

https://photopeach.com/album/rc8int

Moitas grazas a toda a comunidade escolar por participar, especialmente aos conserxes, Jose e Rosa pola súa xestión da música.

Ese día celebramos tamén, como xa ven sendo unha tradición no centro, a aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e o alumnado de 1º de Bacharelato fixo un recital dos seu poemas máis emblemáticos.

 

MANZANEDA

Enlace al vídeo de Manzaneda   ENLACE

 

 

MANZANEDA

O alumnado de 3º de ESO, acompañados por os profesores Cirstina Alonso, Soledad Valle e Juan Martínez, foron o luns 13 de febreiro a pasar o dia as pistas de esquí de Manzaneda. Aproveitaron o tempo ao máximo e ao rematar a xornada xa podian facer demostracións dos seu progresos. Na estación de esquí os esperaban cós equipamentos preparados xa foran para esquiar ou para facer snowboard.Participaron nun curso intensivo para aprender as técnicas de ambas disciplinas e, tras alguhna que outra caida (sempre pequena) os rapaces e rapazas disfrutaron dun dia inolvidable. Ademáis, os monitores e monitoras que estiveron con eles os felicitaron porlo seu comportamento durante as clases. 

Preme na imaxe para visitar a galería.

Distribuir contido