Saltar navegación.
Inicio

ÚLTIMO DÍA DO TRIMESTRE

Estas son as actividades que tiveron os alumnos e alumnas do centro o pasado 7 de abril, último día antes das vacacións de Semana Santa.

1º e 2º de ESO asistiron a unha charla coloquio sobre a vespa asiática ou vespa velutina, na que aprenderon a facer trampas para apresar ás reinas antes de que fagan o seu niño.

3º e 4º de ESO e FP Básica, pola súa parte, estiveron na charla que deron as voluntarias de OS BISBARDOS; a Asociación Protectora de animais na que, con proxeccións de fotos e vídeos poideron ver de cerca a actividade que alí realizan.

Preme aquí para acceder á galería.

Finalmente o alumnado de Bacharelato se reuniu có poeta, microletatista e músico Manolo Marcos. A actividade foi  organizada por a AUGATECA e neste enlace podedes saber máis de cómo transcurriu.