Saltar navegación.
Inicio

Ponte de san Xosé

O vindeiro luns 18 de marzo non haberá actividade docente no IES Pedra da Auga.

Substituímos así unha das festividades locais deste 2019 que caeu fóra do calendario escolar, tal e como marca a lei.

PROBAS DE ACCESO A CICLOS.

A dirección xeral de Formación Profesional ven de anunciar os prazos de inscripción para as probas de acceso a ciclos:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 28 de xaneiro e o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título da ESO ou o 2º curso de B.U.P. pretendan matricularse en ciclos formativos de grao medio.

Deberán presentarse a estas probas aquelas persoas que sin posuir o título de Bacharelato, ou un título de técnico (grao medio) pretendan matricularse en estudios de ciclos formativos de grao superior.

Toda a información sobre esta convocatoria poderase consultar na web de referencia da F.P. da Xunta de Galicia.

Horario de nadal e comezo do 2º trimestre.

Hoxe rematou o primeiro trimestre.

O alumnado ten xa no seu poder os boletíns de notas.

No periodo non lectivo o centro permanecerá aberto, en horario de 10 a 13 horas os día 26, 27 e 28 de nadal e os días 3 e 4 de xaneiro.

As clases comezan no horario habitual o martes 8 de xaneiro.

Dende mañá volve a abrir a cafetería.

Unha vez resolto o concurso da cafetería do instituto, por parte da delegación de Educación de Pontevedra, por fin podemos anunciar que a partir de mañá disporemos novamente do servizo de cafetería.

PUMPKIN CONTEST

concurso de CABAZAS on PhotoPeach

PORTAS TERRORÍFICAS HALLOWEEN

Outro ano mais o IES Pedra da Auga celebrou o concurso das "PORTAS TERRORÍFICAS", consistente en decorar a porta da súa aula de forma terrorífica

 

 

PORTAS TERRORÍFICAS on PhotoPeach

contes africains

 

AUGATECA DO IES PEDRA DA AUGA

 VISITA DO GRANSAMUEL MOUNTOUMNJOU, COA ACTIVIDADE

 !HAHULA HULA!

 Fillo da traddición oral, Samuel Mountoumnjou naceu no oeste do Camerún, nunha aldea onde seguen vivas moitas tradicións e costumes ancestrais. Nese contexto criouse e  iniciouse na narración oral sendo aínda un adolescente.

 É profesor de linguas e mediador intercultural. A súa formación e experiencia na docencia axudáronlle a perfeccionar distintas facetas da comunicación oral. Leva máis de10 anos traballando con nenos e nenas, contando as suas historias por España e Francia.

 O seu amplo e variado repertorio está formado principalmente por contos, lendas, anécdotas, parábolas e mitos africanos. Son historias cheas de calor e de cores que, ademais de entreter, invitan a pensar, potenciar valores humanos tales como a solidaridade, a convivencia, a tolerancia ou a igualdade, á vez que nos transportan ata as profundidades do continente e nos transmiten o espíritu da África negra.

¡Hahula hula! Érase unha vez…

 

Aínda me lembro, como si fose onte, daquelas maravillosas noites da miña infancia, en África...

 Os nenos e adolescentes, sentabamonos no patio da casa ao carón do lume. Á luz da lúa. Mirabamos atentamente ao avó tumbado no seu sillón de bambú, calado e pensativo.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

A dirección do IES Pedra da Auga informa que o día 29 de outubro farase o sorteo público, ás 12,00 no salón de actos, para a designación dos membros da Xunta Electoral, coa finalidade de renovar aos integrantes do Consello Escolar.

O Consello Escolar é o órgano de participación democrática no goberno dos centros educativos.

Ponte de tódolos santos.

O vindeiro venres 2 de novembro non haberá actividade docente no IES Pedra da Auga.

Substituímos así unha das festividades locais deste 2018 que caeu fóra do calendario escolar, tal e como marca a lei.

Instruccións comezo de curso 2018/2019

 

INFORMACIÓN COMEZO CURSO ESCOLAR 2018/2019 NO IES PEDRA DA AUGA.

 

 

 

- Becas

 

A convocatoria de solicitudes de beca está aberto o prazo ata o día 1 de outubro.

 

As becas tramítanse na sede virtual do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

 

Enlace á web na que se solicitan.

 

 

 

- Cafetería

 

O servizo de cafetería do IES Pedra da Auga, por motivos axenos á vontade do centro, permanecerá pechado ata que o Departamento Territorial da Consellería remate cos trámites de adxudicación das cafeterías dos institutos. Polo tanto e ata novo aviso recoméndase as familias que o teñan en conta e envíen aos alumnos ao instituto co almorzo.

 

 

 

- Fondo libros e vales de material escolar.

 

Están en proceso de preparación os lotes de libros do fondo solidario de libros de texto. Avisaráse aos solicitantes con dereito recoñecido, a través dos propios alumnos ou alumas do momento axeitado para vir a recoller estes lotes así como os vales de material escolar no seu caso.

 

Distribuir contido