Saltar navegación.
Inicio

Ecopercusión

O departamento de música organiza un taller de  ecopercusión.

 


Crisrina. Ecopercusión. En youtube. Youtube estandar.

 

 

Río Miño

Un ano máis o departamento de Relixión organiza o descenso do Río Miño.
Álbum: 2018_2019 -> Río Miño

Entrega de boletíns de notas de xuño.

2º de Bacharelato, os boletíns entregaránse ás 9,00 do martes 25 de xuño, o prazo de reclamacións de cualificacións é o propio día 25 e o día 26 de xuño, o prazo de matrícula para a convocatoria extraordinaria de ABAU é os días 26 e 27 de xuño.

1º da ESO os boletíns entregaránse ás 13,30 horas do mércores 26 de xuño.

2º, 3º e 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Ciclos formativos os boletíns de notas entregaránse ás 11,00 horas do xoves 27 de xuño.

As instruccións para as matrículas do alumnado de cara ao vindeiro curso escolar están dispoñibles aquí.

Curso 2019/2020 - Impresos de matrícula e instruccións.

Modelos de impresos de matrícula para ESO e Bacharelato con instruccións.

 

Como cada curso escolar compre facer o trámite de matrícula para todos os cursos de ESO e Bacharelato.

Ao alumnado xa matriculado no Centro entregaráselle un impreso co último boletín de notas.

O alumnado de nova incorporación pode descargar e imprimir os modelos para non verse obrigado a achegarse dúas veces ao IES para este trámite.

Lémbrase a recomendación de empregar os días do prazo legal recomendados nas instruccións, xa que deste xeito evitamos colas interminables e poderemos prestar mellor atención a cada persoa.

MODELOS DE MATRÍCULA:

ESO: , , E

Bacharelato: , 2º Ciencias, 2º Humanidades ou Ciencias Sociais.

Clepsidra, a Sacra Orde do ALFIN

Hoxe fíxose entrega dos diplomas ao alumnado que participou no proxecto "Clepsidra a Sacra Orde do ALFIN". Proxecto galardoado no CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS coordinados desde as Bibliotecas Escolares, na modalidade de PDI, na temática de ciencias.

Álbum: 2018_2019 -> Clepsidra_diplomas

Museo Arte Contemporáneo de Santiago

O alumnado de 4ºESO e 1ºBACH (Debuxo Artístico) realizaron unha saída didáctica ao CGAC de Santiago o pasado 14 de maio. Alí participaron en duas actividades; unha delas, consistiu no visionado de cine fantástico de principios do século XX con banda sonora orixinal en directo.Na outra, disfrutaron dunha visita guiada a dúas exposicións temporais, destacando a adicada a obra da artista galega Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas 2017.

Álbum: 2018_2019 -> Museo Arte Comtemporáneo de Santiago
Distribuir contido