Saltar navegación.
Inicio

APLICACIÓN ABALAR

Estimadas familias,

dende o IES Pedra da Auga estamos a fomentar a aplicación ABALAR que ofrece a Xunta para ter información inmediata sobre a vida académica dos/as vosos/as fillos/as.

Instálase como calquera aplicación ou xogo do móbil, so hai que buscar ABALAR no Play-store ou App-store . Unha vez instalada teñen que apareceran as/os vosas/os fillas/os escolarizadas/os.

Se tivesen algún problema ou non aparecesen os/as fillos/as na aplicación, por favor, chamen ao centro para solucionalo, o teléfono é 886121205.

Na aplicación pódense ver faltas, notas e as incidencias na aula que calquer/a profesor/a quera comunicar.

Máis información na páxina https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA PAIS E NAIS NO IES PEDRA DA AUGA

 

Estimadas familias,

 Co motivo da próxima graduación do/a voso/a fillo/a en Educación Primaria, e sendo o IES Pedra da Auga o centro de referencia do colexio Virxe dos Remedios, o equipo docente do instituto ten o pracer de convidarlles a unha xornada de portas abertas para os pais para que poidan coñecer como é a vida do noso centro.

Para intentar conciliar o máis posible os horarios, e que a visita se faga en horario lectivo,faremos dúas sesións:

  • O luns día 27 de xaneiro ás 17:00

  • O martes 28 de xaneiro ás 12:00

 Se alguén non pode asistir neste horario e desexa visitar o instituto, pregámoslle que se póñan en contacto con nós no teléfono 886 12 12 05

 

 

 

 

VISITA ÓS MUSEOS DA CORUÑA

VISITA ÓS MUSEOS DA CORUÑA

O mércores 15 de xaneiro os alumnos de primeiro e segundo de ESO disfrutaron dunha visita a dous museos da cidade da Coruña; o MUNCYT (museo nacional de ciencia e tecnolóxia) e a Casa das ciencias. Esta activiadde enmarcábase dentro dos contidos das materias de Fisica e Química e Bioloxía.

A pesar de que a climatoloxía non parecía non querer acompañarnos, poidemos disfrutar dun maravilloso día e incluso poder comer tomando o sol, todo un privilexio a 15 de xaneiro.

Xornada micoloxíca.

Xornada micolóxica para gozar dos segredos dos nosos bosques.

Álbum: 2019_2020 -> Setas

Portas e Cabazas

Aquí temos o  marabilloso traballo artístico realizado polo alumnado nas últimas festas. Preme na imaxe.

Álbum: 2019_2020 -> Cabazas e portas

Convocatoria de reunión para pais e nais

Estimadas familias:

O vindeiro luns 7 de outubro, convócase a unha reunión aos pais e nais do alumnado da ESO, BACHARELATO E FPB do IES Pedra da Auga.

A reunión comezará ás 18:15 cada pai/nai irá á aula do seu fillo/a co titor/a correspondente agás os pais/nais de 1º de ESO que irán ao salón de actos para unha breve presentación do equipo directivo. A continuación subirán as aulas co titor/a da súa filla/o.

Un saúdo.

Rebeca Nuñez Fernandez                                      María José Fernández Sestelo

Directora                                                              Xefa de estudos

Comezo de curso escolar 2019/2020

O luns 16 de setembro de 2019 comeza o curso escolar.

O horario é o habitual dos luns.

De 8,45 a 14,25 horas para todos os grupos.

De 16,20 a 18,00 para ESO e Bacharelato e FP Básica.

De 15,30 a 18,00 para ciclos medios e superior.

O alumnado de 1º curso da ESO será recibido ás 8,45 no salón de actos polos seus titor e titora é a directiva do Centro.

O resto de grupos terán listaxes nas portas das aulas.

Alumnado admitido para primeiros cursos de Formación Profesional Básica

Neste enlace pódese consultar a relación de admitidos na FP Básica para o curso escolar que comeza o luns.

O alumnado admitido debe proceder a súa matrícula o venres día 13 de setembro.

Libros Inglés.

O libro de texto de inglés para o novo curso académico 2019/2020 será:

1º bacharelato: Advantage 1, Student's book, Burlington Books, ISBN 978-9963-273-67-6
2º bacharelato: Advantage 2, Student's book, Burlington Books, ISBN 978-9925-30-122-5

Oferta de prazas de F.P. Básica

 

Oferta de prazas de Formación profesional de Grao básico

CBELE01 Electricidade e electrónica 12 prazas

CBADG01 Servizos administrativos 12 prazas

Normativa reguladora:

Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas. (DOG do 22)

Prazo de presentación de solicitudes:

Do día 2 ás 13 horas do día 12 de setembro

Listaxes de alumnado admitido:

13 de setembro.

Prazo de matrícula: o prazo legal abrangue do 13 ao 20 de setembro. O día recomendado para formalizar a matrícula é o día 13 de setembro.

Comezo das clases: 16 de setembro.

Distribuir contido