INSTRUCIÓNS INICIO CURSO 2020/21

·   LIBROS DE TEXTO

Os lotes de libros serán entregados o día da presentación seguindo o procedemento explicado nas táboas seguintes.

 

·    VALES DE MATERIAL

Alumnado matriculado en xuño: Xa se poden recoller nas oficinas do centro.

Alumnado matriculado en setembro: Poderanse recoller a partir do luns 14 de setembro.

 

·    TRANSPORTE ESCOLAR

Para aclarar calquera dúbida relacionada co  transporte, preguntar en vicedirección (Olga).

 

CONVÓCANSE PRAZAS DE RESIDENCIA NOS CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES DA CORUÑA, OURENSE E VIGO PARA REALIZAR ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS NO CURSO 2020-2021

ORDE do 29 de maio de 2020 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2020/21 (código de procedemento ED306A).
 
Destinarios: alumnado que o vindeiro curso 2020/2021, inicie ou continue estudos postobrigatorios non universitarios.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Periodo ordinario: Entre o 10 de xuño e o 3 de agosto para o alumnado matriculado en ciclos formativos (este incluído)
  • Periodo extraordinario:  entre o 15 e o 22 de setembro de 2020 (ambos incluídos).

Os formularios normalizados para a solicitude están disponibles:

A documentación que hai que entregar está detallada no ANEXO I e no artigo 23 da convocatoria de prazas.

FONDOLIBROS

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR O PRÉSTAMO DE LIBROS E AS AXUDAS PARA A COMPRA DE MATERIAL ESCOLAR.
O prazo rematará o 19 de xuño.
As solicitudes poderán ser presentadas de forma telemática
ou presencial.

No caso de que prefiran a entrega presencial, esta deberase facer previa convocatoria do centro: proximamente serán convocados mediante unha mensaxe de móbil e na propia páxina web para a entrega das solicitudes. 

1.-Carta informativa do centro.    

2.-Orde do 12 de maio de 2020 (DOG, 19 de maio de 2020). 

3.-Descarga de solicitudes. (Preferiblemente, descargar con Google Chrome, cubrir en el propio documento e imprimir posteriormente).

4.-Instrucións para cubrir as solicitudes

CONSULTA SOBRE AVALIACIÓNS E CUALIFICACIÓNS DE XUÑO E SETEMBRO

As modificacións das programacións didácticas no que figuran, entre outros temas, criterios de cualificación para a avaliación ordinaria de xuño e extraordinaria de setembro están á disposición da comunidade educativa nesta páxina web, no apartado Profesorado/ Departamentos (punto 6.13 das instrucións do 27 de abril da Consellería de Educación, Universidade e FP). 

Guía de estudos superiores de Galicia 2020-2021 La Voz de Galicia

A Voz de Galicia publicou a 2ª edición Guía estudos superiores de Galicia “Que quero estudiar”.

Esta guía inclúe información de toda a oferta de estudos universitarios, ciclos formativos de grao superior e, outras ensinanzas organizadas nas catro ramas de coñecemento: Artes, Humanidades, Ciencias Sociais e Ciencias. Os diferentes  estudos inclúen unha descrición básica sobre a titulación, os centros onde se ofertan, as notas de corte, as materias de bacharelato que ponderan para cada grao e as saídas profesionais. Ademais, inclúe información básica sobre másteres, aloxamento e bolsas de estudo.
 
Tamén podes atopar a información utilizando este buscador https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/, a través do que navegarás utilizando diferentes criterios de búsqueda.

10º CONCURSO EUROPEO DE MARCAPÁXINAS

O alumno de 1º FPB Kevin Rodríguez Martínez de Lagrán ven de gañar un premio no 10º Concurso Europeo de Marcapáxinas . Este concurso está enmarcado dentro do proxecto eTwinning Letras Galegas 2020. Ricardo Carvalho Calero” no que están a traballar os alumnos de 1º de Ciclo Medio e 1º de FP Básica nos módulos de "Aplicacións Ofimáticas" e "Ofimática e Arquivamento de documentos" ao longo deste curso.

Podedes ver o traballo gañador no seguinte enlace .

 

 

Vídeos cos traballos de Tecnoloxía realizados por alumnos de 2º ESO A

Neste enlace podedes ver o vídeo realizado cos traballos realizados por alumnos de 2º ESO A nun proxecto de tecnoloxía sobre mecanismos (plano inclinado), feitos no mes de abril nas súas casas.

Neste outro enlace podedes ver o vídeo realizado cos traballos realizados por alumnos de 2º ESO A nun proxecto de tecnoloxía sobre vehículos propulsados, feitos no mes de maio nas súas casas.

 

 

Vídeo cos traballos de Plástica realizados por alumnos de 1º ESO

 

No seguinte enlace podedes ver un vídeo cos traballos realizados polos alumnos de 1º ESO dende a casa.

Neste outro enlace podedes ver un vídeo cos traballos realizados por alumnos de 1º ESO A-B en ed. plástica, no mes de maio nas súas casas. Tratábase de crear texturas visuais usando a técnica da estampación.

 

IMPORTANTE!

 


ANTE A SITUACIÓN DE EMERXENCIA SANITARIA O PROFESORADO ESTARÁ EN CONTACTO  CO ALUMNADO POR MEDIO:

  • DA AULA VIRTUAL
  • DO CORREO ELECTRÓNICO
  • DO TELÉFONO
  • DOUTRAS FERRAMENTAS DIXITAIS

O PROFESORADO CONTACTARÁ COAS FAMILIAS POR MEDIO:

  • DA APLICACIÓN ABALAR (importante tela instalada no teléfono móbil)
  • DO CORREO ELECTRÓNICO
  • DO TELÉFONO

 
AS FAMILIAS PODEN CONTACTAR CO PROFESORADO OU CO CENTRO EDUCATIVO:

  • APLICACIÓN ABALAR
  • TELEFÓNICAMENTE NO 645389888 DE 10 A 13 HORAS (DE LUNS A VENRES)
  • NO SEGUINTE  CORREO ELECTRÓNICO:  ies.monterroso@edu.xunta.es

SAÚDOS E SAÚDE

 

Distribuir contido