Biblioteca

Biblioteca

Encontro en Santiago coa escritora Rocío Leira

O día dezasete de abril o alumnado que participa nos clubs de lectura de 1º e 3º da ESO   asistiu en Santiago de Compostela a un encontro coa escritora Rocío Leira. Na organización desta actividade participaron o EDLG e  Grupo de Traballo da Biblioteca en colaboración co IES do Camiño de  Palas De Rei.

CELEBRACIÓN DE SAMAÍN

Non podíamos deixar de celebrar a festa máis terrorífica do ano. En Samaín reunímonos na biblioteca para ler contos de terror.
Ademais, o Departamento de inglés convocou un concurso de postres de terror e os resultados foron arrepiantes.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas cunha actividade dirixida ao alumnado de 1º de ESO. Con el pretendíamos que os novos alumnos e alumnas se familiarizasen con funcionamento da biblioteca do centro.

 

24 de outubro 2022 DÍA DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas cunha actividade dirixida ao alumnado de 1º de ESO. Con el pretendíamos que os novos alumnos e alumnas se familiarizasen con funcionamento da biblioteca do centro.

 

ENTREGA DE PREMIOS DO EDLG

ENTREGA DE PREMIOS DO EDLG

 

O día vinte e dous de decembro de 2022, fíxose entrega dos premios acadados durante o primeiro trimestre nos distintos concursos

que o convocou o EDLG en colaboración co departamento de L. Galega e L. e co Grupo de Traballo da Biblioteca.

Os xurados que se reuniron para valorar os traballos presentados a estes concursos estaban formados por dous profesores, dous

alumnos (que non participaban no concurso) un membro do persoal non docente e a coordinadora do EDLG que actuou como

secretaria con voz pero sen voto. Estes xurados tiveron moi difícil a escolla dada a calidade dos traballos presentados.

  • A alumna Iria Vázquez López de 3º ESO A acadou o 1º premio do Concurso Relatos de Terror.

  • A alumna Nerea Fernández Gómez  de 1ª BAC A acadou DOUS premios: o segundo premio do concurso de Relatos de Terror e o 3ª premio do Concurso de Relatos de Nadal.

  • O terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror foi para Sergio Otero Castro de FPB1

  • O primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal gañouno Thais Otero Veiga de 1ª ESO A

  • Xiana Fernández Fente de 3º da ESO A conseguiu dous premios: o primeiro do Concurso de Relatos de Nadal e o segundo do Concurso de Postais de Nadal.

  • O alumno Lucas Díaz Ledo de 3º ESO A levou o 2º premio no Concurso de Relatos de Nadal.

 

As postais presentadas ó concurso expuxéronse nun taboleiro na entrada principal do IES. Na montaxe do taboleiro participaron catro alumnas de 2ª de BAC

 

 

Noraboa a Iria Vázquez López de 3º ESO A que gañou o primeiro premio do concurso de Relatos de Terror Noraboa a Nerea Fernández Gómez de 1º BAC A que gañou o segundo premio do Concurso de Relatos de Terror e o terceiro premio do concurso de Relatos de Nadal
Noraboa a Sergio Otero Castro de FPB1 que gañou o terceiro premio do Concurso de Relatos de Terror Noraboa a Thais Otero Veiga de 1º ESO A que gañou o primeiro premio do Concurso de Postais de Nadal
Noraboa a Xiana Fernández Fente de 3º ESO A que conseguiu dous premios:o primeiro de Relatos de Nadal e o segundo de Postais de Nadal Noraboa a Lucas Díaz Ledo de 3ºESO A que levou o segundo premio do concurso de Relatos de Nadal
A postal que gañou o primeiro premio do Concurso de Nadal
Postal que gañou o segundo premio 

 

 

ENCONTRO ONLINE AUTORES EDEBE 23 ABRIL

Co fin de axudar e animar a maestr@s e alumn@s o próximo 23 de Abril o grupo EDEBE organiza un pequeno encontro con vari@s dos seus autores en directo no seu canal de instagram @grupoedebe.
 
#DiaDelLibro20#leerdesdec
 
 
ENCONTROS ONLINE AUTORES EDEBE 23 ABRIL
 

23 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DO LIBRO

Os libros son unha das mellores formas de transportarnos a outros tempos e a outros lugares. Este ano, confinados nas nosas casas, non podemos celebrar o Día do Libro na Biblioteca do IES.

Por eso, como remedio fronte á monótona e aburrida exposición informativa dos medios e redes sociais, e para abstraernos e esquecernos por un anaco da realidade, propoñemos unha morea de libros que nos permiten sair da nosa casa e viaxar por Galicia.

 

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS E POSTAIS DE NADAL.

Entregáronse os premios do concurso de relatos e postais de Nadal, convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca.

 

O primeiro premio do concurso de relatos foi para Sandra Mariño Mourelle, co texto titulado Lembranzas do Nadal.

O segundo premio gañouno Aroa González Vázquez co relato Rescatamos o Nadal.

 

En canto ás postais, o 1º premio foi para Iria Leiro Guerra, mentres que o 2º gañouno Álvaro Fernández Fernández.



 

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR. SAMAÍN.

O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.

O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.

O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.

Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2019

Este curso celebramos de novo o Día das Bibliotecas. Nesta ocasión centrámonos na formación de usuarios, para acercar ao alumnado de 1º de ESO á Biblioteca.

Despois de recibir unha explicación sobre a ubicación dos fondos, as alumnas e alumnos participaron nun concurso que tiña como obxectivo familiarizalos con estes fondos e ensinarlles o funcionamento da Biblioteca.


 

Distribuir contido