Lingua Galega

Departamento De Lingua Galega

Microtoponimia

Dentro da situación sociolingüística do galego e tendo en conta o desarraigo da poboación máis nova a profesora de prácticas, Andrea Santiso, impartiu en 1º da ESO A unha unidade didáctica sobre microtoponimia.

Como o noso alumnado procede da zona rural foi fácil que trouxeran unha choiva de microtopónimos (nome de leiras, prados, chousas, fontes, camiños...) para a posterior introdución deses nomes na aplicación Galicia Nomeada, unha plataforma colaborativa para a colección, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega.

O seguinte paso foi xogar a ser filólogos e completar unha ficha microtoponímica.

Despois o alumnado, a xeito de simulación, tivo que visitar o lugar xeográfico en que se atopa un dos seus microtopónimos seleccionados e realizar unha reportaxe na que figurase a seguinte información: nome propio, nome do microtopónimo, lugar, parroquia, concello e provincia en que se atopa, descricións semántica e etimolóxica do nome e outra información que se considerase interesante.

Por último cada alumno deseñou un cartel sinalizador dun microtopónimo da súa escolla. Para isto, empregouse a aplicación Canva, que permite realizar deseños gráficos online sen a necesidade de ter unha conta creada.

O final expuxéronse os carteis no “Curruncho das verbas” e fixemos esta foto.

En Lugo con María Solar

O 22.01.2020 o alumnado de 3º acudiu a Lugo para asistir a unha xuntanza coa escritora María Solar, tras a lectura da súa interesante novela Os nenos da varíola.

 

A autora describiunos o seu roteiro vital, inzado de aprendizaxes diversas e de experiencias que lle foron saíndo ao paso, oportunidades que non desaproveitou e das que botou man para crecer como escritora. María, bióloga; María, xornalista; María, actriz de dobraxe; María, mestra; María, presentadora de televisión; María, locutora de radio; María, coordinadora de programas culturais… todo serve na vida e todo obedece a unha inquedanza: a curiosidade incansábel de quen quere aprender.

 

Os nenos da varíola ten a súa orixe nun afán de rescate: a memoria de Isabel Zendal e, sobre todo, dos meniños expósitos que levaron a vacina ao Novo Mundo para salvar vidas. O libro é unha homenaxe á ciencia e ás persoas que abren camiños para unha sociedade mellor, fronte á intolerancia de quen se aferra á ignornacia; un intento por resarcir do esquecemento aquelas persoas das que ela non soubo nada durante os seus estudos de Bioloxía, malia seren persoas galegas e pese á proximidade dos lugares nos que viviron: o Hospital Real, na actualidade hotel de cinco estrelas para xente podente, que aínda hoxe conserva a portiña pola que aqueles cativos de antano entraban a través dun torno.

María Solar, todo corazón

PREMIOS DO CONCURSO DE RELATOS DE TERROR. SAMAÍN.

O pasado 20 de decembro entregáronse os premios aos gañadores do concurso de relatos de terror, convocado para celebrar o Samaín.

O primeiro premio foi para Jorge Lobato Vázquez, co relato titulado O ciberasasino.

O segundo premio gañouno Ánxela Fernández Otero, con A imaxinación dunha humana.

Finalmente, o terceiro premio entregóuselle a María Suárez Fontao, con Lucía, a vella muller.

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Para conmemorar a Semana das Letras Galegas, adicada a María Victoria Moreno, o alumnado de Plástica e de Galego realizaron diferentes traballos que foron expostos no vestíbulo do centro.

Días sen gloria

O Centro Dramático Galego estrea "Días sen gloria" considerada unha das obras mestras de Roberto Vidal Bolaño. É unha historia sobre unha viaxe sen retorno co Camiño de Santiago como fío conductor.

Actividades en Santiago de Compostela

Asistencia o teatro en galego e visita o centro histórico de Santiago o xoves día 24 de marzo.

Distribuir contido