Curso 2021/2022

Resultados das Eleccións ao Consello Escolar

Tralas últimas eleccións ao Consello Escolar do IES de Monterroso resultaron elixidos nove novos membros: Tres estudantes, dúas persoas do sector de familias, unha persoa do personal non docente e tres docentes.

Sector alumnado

  • Antón Gontá Álvarez
  • Natalia Fernández Guerreiro
  • Lydia Díaz Sánchez

Sector familias

  • Nuria López Maté
  • Sonia Rodríguez Gómez

Sector personal non docente

  • Mª Soledad García Pacior

Sector docente

  • Mª Luisa Carro Cabaleiro
  • Mª Dolores Mariño Otero
  • Miguel Rico Gómez

Últimas eleccións: Novembro 2021

Eleccións ao Consello Escolar

26 de novembro: VOTACIÓNS

FAMILIAS E TITORES DO ALUMNADO: entre as 14:00/14:45 e 16:30/20:00

 

ALUMNADO: ao longo do día, en horario lectivo:

 

1ª hora ………………………… 3º ESO + PMAR 3

 

2ª hora ………………………… 2º ESO/PMAR 2+ 4º ESO

 

3ª hora ………………………… 1º BAC

 

4ª hora .....................................1º ESO B

 

5ª hora ………………………… FPB I e II + Ciclos

 

6ª hora ………………………….1º ESO A + 2º BAC

 

PROFESORADO: recreo (10:50/11:20)


PAS: 14:30

 

  • 27/28 de novembro: reclamacións ás resolución das mesas.
  • 29 de novembro: Proclamación de candidatos.
  • 1 de decembro: Constitución do novo Consello Escolar.

 

Actividade de recollida de mostras no río Ulla

O pasado venres 5 de novembro o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO saiu a recoller mostras biolóxicas e a facer medicións no río Ulla ao seu paso polo concello de Monterroso.

O alumnado visitou dous puntos do río, un augas arriba e outro augas abaixo da estación depuradora, co fin de determinar a calidade ecolóxica da auga antes e despois da incorporación das augas residuais depuradas ao río.

A saída foi cuberta por un periodista e a actividade saiu no xornal La Voz de Galicia o sábado 6 de novembro. A noticia pode consultarse na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2021/11/13/alumnos-monterroso-controlan-calidad-ecologica-aguas-ulla/0003_202111L13C7991.htm

Nos seguintes meses o alumnado de todo o centro traballará coas mostras recollidas para determinar o posible impacto das augas residuais da estación depuradora do concello no río Ulla.

Saímos o sábado 13 de novembro no medio "La Voz de Galicia" tanto en portada como na sección local! Segue lendo para ver as fotos.

Na portada da edición de Lugo

Monólogo de Caxoto sobre igualdade e micromachismos

O martes 23 de novembro, disfrutamos do Monólogo de Caxoto "Micromachista eu?" no IES de Monterroso. Empregando diversos contos tratou o tema dos micromachismos. Agradecemos ao Concello de Monterroso por axudar económicamente coa actividade.

Caxoto 2021 Caxoto 2021

 

Actividade contra a violencia de xénero

O mércores 17 de novembro tivo lugar no IES de Monterroso unha actividade organizada pola ANPA. Branca Villares impartiu un obradoiro con motivo do día contra a violencia de xénero no que participou o alumnado de 1º e 2ª da ESO.

Branca Villares

Candidaturas provisionais ao Consello Escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO IES DE MONTERROSO
ANO ACADÉMICO 2021/22

LISTADO PROVISIONAL DE CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR

Prazo reclamación ata o mércores ás 14 horas

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO ALUMNADO:

  • LYDIA DÍAZ SÁNCHEZ
  • NATALIA FERNÁNDEZ GUERREIRO
  • ANTÓN GONTÁ ÁLVAREZ

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO

  • ANA ISABEL GARCÍA QUINTÁ
  • NURIA LÓPEZ MATÉ
  • ANA MARÍA RIVAS MARTÍNEZ
  • SONIA RODRÍGUEZ GÓMEZ
  • BEATRIZ VARELA FENTE

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO PROFESORADO

  • M. LUISA CARRO CABALEIRO
  • M. DOLORES MARIÑO OTERO
  • MIGUEL RICO GÓMEZ

CANDIDATURAS AO CONSELLO ESCOLAR PARA A ELECCIÓN DE REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

  • M. SOLEDAD GARCÍA PACIOR
  • ÁLVARO LÓPEZ LÓPEZ

Feira de Santos 2021

 O alumnado de 4º da ESO do IES de Monterroso, na asignatura de debuxo artístico, realizou estes traballos sobre a Feira de Santos.

Samaín 2021

O alumnado de debuxo artístico de 2º de Bacharelato realizou estes debuxos inspirados nas ilustracións de Fernando Vicente. A edición de Drácula de Bran Stoker coas súas ilustracións atópase na biblioteca do centro.

Eleccións para renovación do Consello Escolar 2021

 

 

28 de outubro: ás 10:30 sorteo dos membros da XuntaElectoral.

29 de outubro:constitución da Xunta Electoral, encargada de xestionar o proceso.

5 de novembro: publicación do calendario electoral.

 

Entre o 5 e 12 de novembro:

  • Período de reclamación ós censos.
  • Envío de circular ós distintos sectores da convocatoria de eleccións.
  • Convocatoria da Xunta de Delegados/as.
  • Solicitude ó Concello e á ANPA para que designen o seu representante no C.E.
  • Presentación de candidaturas (na secretaría do Centro) dos distintos sectores, en horario lectivo.

 

 

15 de novembro: Publicación provisional das candidaturas admitidas.

16 e 17 de novembro: reclamación das candidaturas provisionais.

 

18 de novembro: Sorteo público das mesas electorais das familias e alumnado, ás 12:30 e publicación das candidaturas definitivas.

 

 

18 ao 25 de novembro:

 

  • Campaña electoral.

  • Presentación de solicitudes a interventores das mesas electorais.

 

 

26 de novembro: VOTACIÓNS

 

FAMILIAS E TITORES DO ALUMNADO: entre as 14:00/14:45 e 16:30/20:00

 

ALUMNADO: ao longo do día, en horario lectivo:

 

  • 1ª hora ………………………… 3º ESO + PMAR 3

  • 2ª hora ………………………… 2º ESO/PMAR 2+ 4º ESO

  • 3ª hora ………………………… 1º BAC

  • 4ª hora .....................................1º ESO B

  • 5ª hora ………………………… FPB I e II + Ciclos

  • 6ª hora ………………………….1º ESO A + 2º BAC

 

 

PROFESORADO: recreo (10:50/11:20)

 

PAS: 14:30

 

 

27/28 de novembro: reclamacións ás resolución das mesas.

 

 

29 de novembro: Proclamación de candidatos.

 

1 de decembro: Constitución do novo Consello Escolar.

 

 

 

Iniciación á robótica e impresión 3D

Codeweek

Do 13 ao 19 de outubro tivo lugar no IES de Monterroso, nos grupos de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º de FP Básica de Informática de Oficina, a actividade Codeweek.

Actividade integrada na iniciativa europea #CodeWeek (9 a 24 outubro de 2021) a semana europea da programación, na que tentamos achegar o pensamento computacional para a resolución de problemas mediante a realización dun proxecto de robótica básico e aplicación práctica da impresión 3D.


As/Os estudantes realizaron un proxecto paso a paso (desde a lóxica ata a implementación) para construir unha barreira activada mediante sensores de presenza empregando ARDUINO, actuadores e sensores.

A impresión de certos elementos coa impresora 3D permitu aos estudantes coñecer esta tecnoloxía e o seu emprego práctico.

https://codeweek.eu/view/375212/iniciacion-a-la-robotica-y-3d
https://codeweek.eu/

Distribuir contido